Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Festival Artenauta, un respiro cultural na Costa da Morte

O Pelucas pintando o mural no Festival Artenaura
O Pelucas pintando o mural no Festival Artenauta
O Festival Artenauta, un respiro cultural na Costa da Morte

O que é capaz de facer a sociedade civil, sen apenas un peso, pero con moito amor. Media ducia de dinamizadores culturais (Yolanda del Campo, Borja Insua, Andrés López, Senén Insua, Álex López e María Bella) meteron unha chea de amor e tempo para convertir Corcubión nun auténtico fervedoiro cultural durante esta fin de semana no marco do Festival Artenauta, o Festival das Artes da Costa da Morte.

Unha fin de semana que deixa un pouso ben sabroso, que demostra que é posible facer vida, e facer cousas, en plenos tempos de pandemia, respectando as medidas de seguridade e achegando cultura ás zonas esquecidas. Mágoa que non puideran dispoñer de máis recursos, pero a variedade da oferta foi espectacular, gracias tamén á "xenerosidade d@s artistas", e as sensacións ao remate son de "satisfacción", de que "esforzo colectivo" paga a pena para comprobar como se pode "transformar un pobo a través da arte na rúa", e de como se pode "loitar, dende a sociedade, contra o esquecemento da arte". Unha organización que tamén quere agradecer a colaboración, e a actitude, do Concello.

O festival arrincaba o venres cun singular pasarrúas-perfomance contra a invasión dos eucaliptos, no que os cabezudos ameazaban a esta especie invasora.

Tamén tocaban Héctor Lera e uns Calquera, que non fallaban á súa cita estival na vila de San Marcos, e Álex López e Elías Outes ofrecían as súas "Poesías e pezas" no Campo do Rollo.

Esculturas nas ruas e balcons de Corcubion-Foto-Barca Caamano
As Esculturas tomaron as rúas e balcóns de Corcubión-Foto-Barca Caamaño

As exposicións de pintura (dos Kukas, Viki Rivadulla e Pablo Orza) en diferentes bares ou no cárcere vello foron recibindo visitas xa dende o xoves. Mentres, os balcóns do casco, e o xardín do Concello, cobraban vida coas singulares pezas escultóricas dos Borja Insua, Camilo Seira e Oscar Aldonza. Os camiñantes podían pararse a mirar en lugares como o propio paseo, as fotografías de Senén Insua, Alba Cambeiro, Raúl Simón, Lucía Gómez, Ana Naveiro, ou Bárbara Prummer, que tamén iluminaban rúas e bares.

En clave artística, quedará para sempre a pegada do Pelucas, que fixo un mural no paseo marítimo enchendo de cores un muro feo e gris.

Asi queda o Mural do Pelucas no paseo maritimo de Corcubion

A Capela do Pilar tamén acolleu dous pases do documental "Os fabulosos irmáns da luz", de Olaia Sendón.

Tamén foron protagonistas os máis cativos, que aprenderon os primeiros pasos do breakdance co compostelán Artur Salvador.

Breakdance en Corcubion
Obradoiro de Breakdance

Leo de Matama en Corcubion
Leo de Matamá no Campo do Rollo

A agarimosa estampa do Campo do Rollo durante o intenso e comprometido concerto do Leo de Matamá reflicte moi ben o estrano, e ridículo, que está sendo todo o protocolo arredor da cultura de pandemia. Mentres o Leo daba o seu repertorio de labazadas en forma de versos, as terrazas da praza estaban absolutamente repletas, pero as apenas 20 cadeiras instaladas diante do escenario ficaban e separadas coa distancia de seguridade oportuna, ficaban baleiras.

Novas relacionada

Comentarios