Venres. 29.03.2024
El tiempo

FF: A balón parado tamén se gañan partidos

FF: A balón parado tamén se gañan partidos
Gran partido das Miudas ante o Arousana B Só 4 equipos no Gr.3 da 2ª Feminina suman dúas vitorias en dous partidos. Un deses equipos é Os Miúdos, que suman dúas goleadas que o sitúan no alto da táboa, ademais contentos polo bo control dos partidos, pola efectividade arriba e pola seguridade atrás. Pola súa parte, o Bergantiños caía no Val, ante un equipo que estivo máis acertado cara gol. As de Gueli fican cun punto, en todo caso, con boas sensacións.

Selección Coruñesa sub-14

Boas novas ademais para o fútbol costeiro pois son 5 as xogadoras infantís na primeira convocatoria da Selección Coruñesa sub-14 que fai Gueli, adestrador do Bergan feminino. Mentres esperamos polas seleccións femininas costeiras, as Alexia Lorenzo (Coristanco), Lucía Rodríguez Souto (Cabana), Carla Pose Lema (Corme), Alejandra Santalla (Bergantiños) e Laura Caamaño (Esteirana), participarán este mércores 26 de setembro un adestramento no campo de Xaviña, en Buño.

2ª Galicia, Gr.3, xornada 2

  • Resultado: As Miúdas - At. Arousana B (4-0)
  • As Miúdas: Yaiza, Gala, Isa, Silvia, Martina, Antía, Laura, Noe, Sara, Leti e Eva. Tamén xogaron: Pati, Marta, Natalia, Sandra e María de Pastora.
  • Goles: 1-0, m.3: Leti nun córner; 2-0, m.25: Martina nun córner; 3-0, m.42: Laura nun córner; 4-0, m.49: Pati remata de tacón e marca.
A balón parado tamén se resolven partidos. Os 3 córners que provocaron as Miúdas, os 3 primeiros goles ante un filial do Arousana que saíu sen complexos. Pero a realidade é que as costeiras son un equipo superior, e saíron presionando arriba, obrigando a pegar en longo. A presencia de Antía, Noe e Laura no centro do campo permitía roubar rápido e tratar de buscar pases entre as liñas rivais, aproveitando a velocidade de Eva, ou incluso buscando tiros dende lonxe. E saíu ben dende o comezo, con varias ocasións claras, e o primeiro gol, tras un saque de esquina, aos 3 minutos. Continuou a mesma tónica, con bo ritmo por parte das costeiras que chegaban coas internadas de Leti e Sara. Outros dous córners facían que as costeiras se metesen 3-0 ao descanso. No descanso, demos entrada a Pati, que tardou catro minutos en demostrar o seu olfato de gol, pois no minuto 49, e tras un taconazo na área pequena, logrou o cuarto gol. O partido baixou de ritmo, e se ben as muradás seguían controlando, o balón non quixo entrar a pesar das ocasións de Marta, Sandra, Pati, Gala e Noe. Tanto Fran como Fernando destacan que “un dos aspectos máis positivos do día de hoxe, foi a solidez mostrada por Isa, Martina, Gala e Silvia, debutante no día de hoxe, que non deron opción ás atacantes rivais, ben axudadas por unha Antía que domina moitas facetas do xogo, e por unha Noe que derrocha moito traballo e moita calidade. Ademáis, a nosa porteira Yaiza, continúa a acumular minutos, gañando experiencia neste nova posición, na que seguro se fará moi importante para o equipo”.

2ª Galicia, Gr.2, xornada 2

  • Resultado: SD. O Val - Bergantiños (2-0)
  • Bergantiños: Lara Sánchez, Lara Rabuñal (Eva, m.72), Paula, Seo, Sabrina, Lore, Lucía Canosa (Andrea García, m.60), Mery, Laura Torrado (Marta Fra, m.45), Tamy e Noe (Lara Fariña, m.75).
Bergantinos Feminino no Val O Bergantiños Feminino no Val Bo equipo o do Val que soubo aproveitar mellor as ocasións que as de Gueli, que non tiveron o día de cara gol. As locais, que van estar seguro na parte da alta intentando recuperar a categoría perdida a tempada pasada, comezaron fortes, despois duns minutos de tanteo. No ecuador da primeira metade a mala sorte cebábase coas vermellas pois Seo desviaba unga falta botada polo equipo ferrolán e introducía a pelota na meta de Lara Sánchez. Tamy estaría preto de empatar pero non acerto e o partido chegaba ao descanso cunha igualdade de forzas. Na segunda parte o Bergan adiantou filas e arriscou un pouco máis en ataque en busca do empate pero nin Mery, nin Fra, nin Tamy foron capaces de ver porta. Mediada a segunda parte Lúa facía o 2-0 nunha contra e poñía o partido de costa arriba para as visitantes, que tería aínda máis ocasións para achegarse no marcador, pero non era o día das xogadoras de Gueli e o marcador xa non se movería.  

Toda a info do Fútbol Feminino costeiro

https://quepasanacosta.gal/ff-as-miudas-comezan-a-golpe-de-set-e-o-bergan-fica-cun-empate-agridoce/

Comentarios