Venres. 29.03.2024
El tiempo

FF: As Miúdas comezan a golpe de set e o Bergan fica cun empate agridoce

FF: As Miúdas comezan a golpe de set e o Bergan fica cun empate agridoce

Bo comezo para as Miúdas nesta segunda temporada en competición, mentres que o Bergantiños tivo que conformarse cun empate que lle soubo a pouco.

2ª Galicia, Gr.3, xornada 1

Noe Debutou coas Miudas Noe debutou coas Miúdas con gol incluído
  • Resulntado: Umia CF B - As Miúdas (1-6)
  • Xogaron: Yaiza, Laura, Isa, Antía, Martina, María de Pastora, Noe, Sandra, Leti, Bárbara e Pati Entraron: Ainoa, Eva, Marta, Paula e Sara.
  • Goles: 0-1, m.30: Noe; 1-1, m.40; 1-2, m.55: Eva; 1-3, m.57: Bárbara; 1-4, m.64: Sara; 1-5, m.73: Antía; 1-6, m.79: Ainoa.
As Miudas comezan a golpe de set As Miudas comezan a golpe de setCelebrando un gol das Miudas Celebrando un gol das Miudas

Bo debut ligueiro das Miúdas que se desplazaron a Barrantes con moitos cambios no equipo con respecto a temporada pasada. De feito, no 11 inicial partían 3 das 5 fichaxes que formarían no medio campo do equipo, María de Pastora, Noe e Sandra. Ainoa debutaría no segundo tempo.

Dominaron as de Fran Figueroa dende o comezo, cunha Bárbara que xa avisaba nada máis comezar. Por banda esquerda facía moito dano a de Esteiro, pero non conseguía abrir a lata nin despois de 4 córners consecutivos. A que si atopou a merecida recompensa para abrir a lata sería Noe, entonadísima nos 90 minutos nun derroche físico tremendo axudando a destruir en campo propio e chegando con perigo a area contraria en numerosas ocasións, así nunha xogada individual polo centro da defensa plantouse diante da porteira batindo por baixo e facendo valer o dominio das “rossinejras”.

As locais apenas chegaban á área muradá con balóns longos sen molestar a Yaiza, pero na única xogada perigosa da primeira metade conseguían empatar nunha xogada algo dubidosa por un posible fóra de xogo. Sandra bateu no longueiro unha falta antes de descanso deixando claro que as guerreiras saírían polo partido na segunda.

E así foi, en 10 minutos o partido estaba sentenciado tras un par de goles consecutivos de Eva e Bárbara, que seguía buscando con insistencia o gol a pesar de deixarse unha unlla na primeira metade tras un pisotón.

As Miúdas seguían en campo contrario e nunha contra puideron ter recibido un gol, pero Yaiza salvou un par de chegadas e despois as costeiras sentenciarían.

2ª Galicia, Gr.2, xornada 1

  • Resulntado: Bergantiños - Narón (1-1)
  • Bergantiños: Lara Sánchez (Diana, m.70)(Lydia, m.75), Rabuñal (Eva, m.65), Sabrina, Seo, Paula, Lore, Torrado, Mery, Noe (Fariña, m.80), Isa (Marta Gómez, m.50) e L. Canosa.
  • Goles: 1-0, m.4: Noe; 1-1, m.22.

Presentábase nas Eiroas un Narón coa intención de pelexar polos postos de ascenso, e atopouse cun bo Bergantiños que foi de menos a máis nun partido en que logo do visto, un punto sábelle a pouco.

Os primeiros minutos de partido foron moi bos para as carballesas e Noe facía o primeiro gol na primeira chegada. A raíz do gol encaixado, as visitantes fixéronse co dominio do balón e empezaban a chegar á portería de Lara con certo perigo. Mediana a primeira parte, unha chegada por banda esquerda acababa co gol do empate tras un bo disparo desde 25 metros no que Lara Sánchez nada puido facer. Con moita igualdade chegábase ao descanso.

Trala reanudación, Gueli fixo cambios e deu máis forza ao mediocampo con Marta Gómez e a velocidade de Lucía Canosa arriba. Aos poucos as ocasións ían chegando pero sen demasiado perigo para as locais. Defensivamente o equipo mostrábase máis forte e as atacantes narosenses vían frustrados todos os seus intentos de chegar a portería.

Nos minutos finais as carballesas puidéronse levar o partido si Mery e Lucía estivesen máis acertadas de face a gol. Finalmente o resultado non se movería e o punto deixou un sabor agridoce ás xogadoras de Gueli.

Toda a info do Fútbol Feminino costeiro

https://quepasanacosta.gal/a-previa-volve-o-futbol-a-todos-os-campos/

Toda a información do FSF Costeiro

Comentarios