Venres. 19.04.2024
El tiempo

FF: As Miúdas só miran cara arriba

FF: As Miúdas só miran cara arriba
As Miudas no Espazo Gastronomico Solleiros copia As Miúdas fixeron parada no Espazo Gastronómico Solleiros Os fallos defensivos condenaron a un Bergantiños que o intentou pero non puido co potencial do equipo brigantino, un dos favoritos da categoría. As de Gueli fican na metade da táboa, pero só a 6 puntos das 2ª clasificadas, unha vez que parece que o Cambre vai ser o dominador do seu grupo 2. Pola contra, no Gr.3, amplia vitoria das Miúdas na fría mañá de domingo en Meis, ante o colista da categoría e dominarían por completo un partido no que a pesares da claridade do resultado as locais disputaron cunha gran actitude todo o encontro mostrando unha cara máis que destacable de como disfrutar do fútbol. As muradás mantéñense na 2ª posición, pisando os talóns ao Chispa, que suma partidos por vitorias..  

2ª Galicia, Gr.3, xornada 5

  • Resultado: Mosteiro - As MIúdas (0-7)
  • As Miúdas: Yaiza, Gala, Isa, María de Pastora, Antía, Noelia, Laura, Leti, Bárbara, María Dosil e Iria. Tamén xogaron: Marta, Ainoa, Pati, Natalia e Paula.
Barbara anotou 6 goles para as Miudas Bárbara foi a protagonista da mañá dominical anotando 6 goles para as Miudas Partido claro para as muradás, que veñen demostrando unha boa superioridade en moitos encontros, como o din os seus números: 6 vitorias e unha derrota (ante o imbatido líder), 31 goles a favor e só 9 en contra (dos que 5 foron do propio Chispa). O pasado domingo, a protagonista individual do día sería Bárbara que atinou ca rede en 6 ocasións, recollendo o traballo de todo o equipo que desta volta si supo mover o balón con criterio esperando o momento para definir as numerosas ocasións. Así o descanso a de Esteiro xa levaría 5 goles no peto. O sexto foi todo un golazo xa na segunda parte rematando un corner ben sacado por Noelia que sin que o balón tocara o céspede conectou unha fermosa volea que facía o 0-6. E a propia Noe poría o definitivo 0-7 nunha internada polo centro da zaga. Destacar a actitude deportiva de cada integrante do Mosteiro que non baixou a cara en ningún momento e disputaron os balóns de maneira intensa. Noe unha potencia das Miudas Noe, unha potencia das Miudas  

2ª Galicia, Gr.2, xornada 7

  • Resultado: BERGANTIÑOS FEMENINO - BETANZOS (2-4)
  • Bergantiños: L. Sanchez, Rabuñal, Paula (Isa, m.75), Seo, Sabrina, Lore, Martasa, Mery, Torrado, Canosa (Fra, m.45) e Tamy.
  • Goles: 0-1, m.20; 0-2, m.50; 1-2, m.60: Tamy; 1-3, m.70: en propia meta; 2-3, m.80: Fra; 2-4, m.91.
Presentábase complicado o partido para as carballesas, plagadas de baixas e ante un dos mellores e máis experimentados equipos da categoría. Empezaba o partido con dominio das visitantes pero as carballesas atopábanse ben situadas en defensa e Lara tamén se atopaba cómoda baixo paus. Aos 20 min. Branca facía o 0-1 na primeira chegada seria a portería. Transcorría o partido con dominio das betanceiras e cun Bergantiños ben arroupado e buscando contras rápidas. Na segunda parte a tónica do partido era a mesma, As visitantes combinaban e as locais arroupadas atrás e buscando contras rápidas. Noelia facía o 0-2 ao definir cunha bonita vaselina desde a banda. As locais arriscarían máis en ataque e Tamy recortaba distancias e metía ao equipo de Gueli no partido. Cos mellores momentos do Bergan no partido e co Betanzos metido atrás chegaría o gol desafortunado en propia meta de Seo que facía o 1-3. Non tiraría a toalla o Bergan e Fra volvía recortar distancias e e volver meter ao Bergan no partido, pero Sara Pita no desconto, facía o cuarto para o Betanzos noutro despiste defensivo.  

Toda a info do Fútbol Feminino costeiro

https://quepasanacosta.gal/ff-o-doce-sabor-da-remontada/ “FF: Vencendo entre insultos” — Que pasa na costa

Comentarios