Xoves. 25.04.2024
El tiempo

FF: Goleadas de ida e volta para pechar unha temporada histórica

FF: Goleadas de ida e volta para pechar unha temporada histórica
As Miudas As Miúdas pecharon a súa primeira temporada da historia Rematou esta histórica primeira temporada na que competían dous equipos femininos nas competicións federadas. Á presencia do Bergantiños uníase este curso o novo proxecto das Miúdas, e esta pasada fin de semana botaban o peche con sendas goleadas. Unha a favor e outra en contra, iso si. O peche máis emotivo foi o das Miúdas, que caían con rotundidade no céspede natural do García Hermanas de Betanzos, pero que non empañaba, para nada, a 6ª praza conseguida polas 22 bravas muradás. Todo un orgullo o papel deste novo equipo na categoría, que remata con Bárbara, con 24 goles, como 7ª goleadora do seu grupo. Na 8ª praza rematou o Bergantiños esta campaña, tras unha fantástica recta final, que deixa ademais a Tamara Cortiñas, a 3ª máxima goleadora do seu grupo con 31 goles.  

2ª División, Grupo 2, xornada 26

  • Resultado: Betanzos - Os Miúdos (7-0)
  • As Miúdas: Yaiza, Paula, Gala, Isa, Martina, Laura, Antía, María, Marta, Bárbara e Pati. Tamén: Sara Cubelo, Julia, Natalia, Lucía e Iria.
A primeira media hora foi de tanteo e de xogo desenvolto en medio campo, ambos equipos loitaban por acostumbrarse a unha superficie á que non están habituadas xa que a temporada transcurreu na sua totalidade en campos artificiales, e pódese dicir que por ocasións dominamos ás betanceifas nos primeiros minutos, sendo as máis claras nos pés de Bárbara que petaría no longueiro no minuto 12 e logo Marta nunha das suas internadas en velocidade tocaría o pau por fora. Pero serían as locales as que tocarían rede no minuto 33 a partires do cal levarían o dominio de todo o encontro no que demostraron coller mellor o ritmo que marcaba a velocidade de todo un campazo, antes do descanso ampliarían vantaxe facendo o 2-0 nun balón filtrado entre as centrales. Tralo tempo de lecer e coa entrada de Sara Cubelo por Gala a quebxa empezaba mermada por sobrecarga e non lle aguantou o fuelle, buscamos ter máis posesión no medio, pero as terceiras da taboa non permitiron ningún tipo de reacción e pronto puxeron o 3-0 que caeu coma unha pedrada na moral das costeiras, nin tampouco tuvemos ese punto extra de forza para mostrar o empuxe de outras citas. As locales en cambio querían facer a súa festa particular e dedicarlle a súa xente un bo espectáculo para despedir a temporada, 4 e 5 gol en 2 minutos sin deixar casi pasar as Miúdas do medio do campo. E xa no treito final no 82 e no 90 resolverían o encontro co definitivo 7-0 no que as da costa da morte acabaron coa cabeza alta a pesares do abultado resultado pero sabéndose reapaldadas polo alento dos que todo o ano nos seguiron e animaron, incluso coa presencia das nosas “madriñas” Alba e Miriam (preparadora física e capitana do Depor respectivamente) que así como estuveron no 1 día das xornadas hai xusto un ano, tampouco dudaron en vir a animarnos e acompañarnos nesta última cita ligueira demostrando ser moito máis que unhas referentes para todas nós.

2ª División, Grupo 1, xornada 30

  • Resultado: Eirís - Bergantiños (1-6)
  • Bergantiños: Lu, Eva (Fariña, m.60), Sabrina, Torrado, Paula, Lore, Noe, María, Isa (Lydia, m.65), Tamy e Cambón (Ale, m.50).
Bergantinos feminino na Torre Último partido dunha tempada que remataba da mellor forma posible, ca maior goleada a domicilio das carballesas en todo o campeonato. Con esta victoria demostrase o gran momento de xogo e de resultados co que chegou o equipo ó tramo final da liga. Empezaba o partido cun Eirís moi enchufado e a raíz diso chegaba o primer gol do partido para as coruñesas na primeira chegada a portería no min. 4. Isto non preocuparía moito as bergantiñanas, xa que pronto se farían co dominio do balón e do partido. As ocasións ían chegando e Noe empataba o partido 10 min. despois. Nos 5 minutos seguintes Isa e Tamy xa case deixaban o partido sentenciado con dous goles mais. Antes do descanso habería algunha ocasión mais para as carballesas pero a porteira local Judith. No segundo tempo mais do mesmo, dominio total das xogadoras de Gueli e con tres goles mais obra de Tamy, Isa e María. Os minutos finais de partido as carballesas baixaron o acelerador e o choque remataría sen mais goles.

Crónicas da tempada do Fútbol Feminino

https://quepasanacosta.gal/ff-despedida-inmellorable-a-primeira-campana-miuda-da-historia/

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios