Venres. 19.04.2024
El tiempo

FF: Muradás e carballesas seguen sumando sorrisos

FF: Muradás e carballesas seguen sumando sorrisos
As Miudas no Eleuterio Balayo As Miudas no Eleuterio Balayo arroupadas por unhagran afección-Foto-Chema Caamaño

Doble vitoria na antepenúltima xornada para manter un pulso positivo de cara a rematar a tempada ligueira cun gran sabor de boca. E non para menos, pois os dous equipos están protagonizando unha fantástica campaña.

Especial foi a cita do Eleuterio Balayo, onde o equipo fixera un chamamento á afección, que non fallou na tarde do domingo, e axudou a arrebatar o 7º posto ao Valdeorras tras un gol sobre o pitido final que provocou que as ateigadas bancadas do campo muradán case se viñesen abaixo.

 

2ª División, Grupo 2, xornada 23

  • Resultado: As Miúdas - Valdeorras (3-2)
  • As Miúdas: Yaiza, Gala, Isa, Antía, Martina, Laura, Leti, María, Bárbara, Marta e Pati Entraron: Natalia, Sara Cubelo, Lucía, Irea e Melodi.

Empezaban as Miúdas dando mostra que iban vender cara a sua pel, dominando o balón e xogando en campo rival, embestindo polas vandas con Leti e unha Marta entonadísima á que só lle faltou rubricar o seu partidazo co premio do gol, pero ningunha das suas veloces internadas atopou porta. Si o faría Leti no minuto 12, a xogadora de Esteiro chegou con todo antes que a porteira a un balón dividido facendo o 0-1 e saindo mancada con un forte golpe na rodilla que non a deixaría continuar a posteriori e que non ten boa pinta pralas primeiras exploracións na Rosaleda. Pouco tardaron en empatar o encontro as de Valdeorras na primeira ocasión que tuveron ante Yaiza nun erro no repliegue das zagueiras muradanas que aproveitaría Isabel para poñer as taboas.
Varias ocasións de volta das locales, a máis clara, un cañonazo da capi Antía dende 50 metros que bateu no longueiro, e outro man a man de Marta que desbarataba ben a porteira da Rúa co que iríamos o descanso co 1-1.

Na segunda metade empezarían as visitantes dominando o xogo en medio campo fruto do cal no 60 se adiantarían no marcador, novamente obra de Isabel.
Pero lonxe de virse abaixo as costeiras tiraron de orgullo espoleadas polas bancadas e a base de intensidade conseguiron empatar o duelo con un disparo dende a frontal de Laura que se colou pola escadra levantando a toda a grada, todo un golazo! Era o minuto 67.
De aí ata o 90 trabouse o partido con moitas faltas, e 3 cartóns amarelos para as de Muros que cortaban calquer intento ofensivo das rivales para evitar sustos.
E cando todos daban por bo o empate apareceu a de sempre, sin ter o seu mellor día, a pesares do esforzo desplegado, e axudada pola coraxe (que xa é costumbre) de María, atopou un balón na area e meteu o pé o suficiente para conseguir unha bonita vitoria sobre a bocina, facendo unha piña memorable con todo o equipo entre a ovación das bancadas.

Fran Figueroa quixo destacar a implicación de María, que segue xogando a pesar de ter un nocello mancado, e tamén a labor das rapazas da Rúa, que cada semana fan moitos quilómetros para facer o que máis lles gusta.

O  Eleuterio Balayo celebrando un dos goles das Miúdas-Foto-Chema Caamaño O Eleuterio Balayo celebrando un dos goles das Miúdas-Foto-Chema Caamaño  

2ª División, Grupo 1, xornada 27

  • Resultado: Bergantiños - Victoria (3-2)
  • Bergantiños: Lu, Fariña (Rabuñal, m.45), Sabrina, Torrado, Paula, Lore, Noe (Lydia, m.80), Lijó, Isa, Tamy e Cambón (Canosa, m.45).

Gran partido e xusta vitoria das carballesas ante un dos “gallitos” e equipo máis experimentado da categoría.
Empezaba o partido con dous equipos en busca da vitoria e pronto chegaba o primeiro gol para as visitantes obra de Nuria Pérez, unha das mellores xogadoras da categoría. As carballesas non se engurrarían e buscarían o empate a través de transicións rápidas en busca da portería rival. Lore apunto estivo de empatar pero o seu disparo estrelouse no pau. Finalmente Noe igualaba o encontro case no descanso.

Trala reanudación máis do mesmo, os dous equipo xogando de poder a poder en busca da vitoria, e era nuevamente o Ribadeo que se volvía a adiantar por medio de Irene. Pouco duraría a alegría para as lucenses porque Tamy non fallaba á súa cita co gol e 5 minutos despois empataba nuevamente o partido. O futbol facía xustiza tralo visto na segunda parte e Noe facía o 3-2 para as carballesas. Nos minutos finais o Ribadeo intentou buscar o empate pero a defensa local non daba tregua, e ata as xogadoras de Gueli puideron aumentar a vantaxe, pero o marcador xa non se movería.

 

Crónicas da tempada do Fútbol Feminino

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios