FF: Unha xornada marcada polo #25N
07:08 27/11/18
Como non podía ser doutro xeito, a xornada dominical do fútbol feminino estivo marcada pola conmemoración do Día INternacional contra a Violencia de Xénero. Así, tanto as bergantiñás como as muradás saltaron ao campo con diferentes lemas da campaña #Ennegrocontraasviolencias para celebrar así o #25N.
No deportivo, unha de cal e unha de area. A mala nova chegou dende Muros, onde as Miúdas caían ante un rival directo como o Boiro. Coa vitoria as da Barbanza superan as costeiras, deixándoas na 4ª praza, lonxe das implacables líderes do Chispa, a 3 do Xuventú Aguiño e a 2 do propio Boiro.
Mentres, en Carballo non foi o mellor partido pero o equipo de Gueli demostrou que sabe sufrir para gañar os tres puntos, que se quedaron na casa.
2ª Galicia, Gr.3, xornada 11
- Resultado: As Miúdas - Concello de Boiro (2-3)
- As Miúdas: Yaiza, Gala, Isa, Antía, Martina, Laura, Leti, Noe, Bárbara, Marta e Pati. Tamén xogaron: Ainoa, María d’Pastora, Sara, Paula e Natalia.
2ª Galicia, Gr.2, xornada 11
- Resultado: Bergantiños Feminino - Carral (5-3)
- Bergantiños: L. Sanchez, Rabuñal, Eva, Sabrina, Paula, Lore, Torrado, Noe (Ale, m.70), Mery (Jessi, m.80), Tamy e Isa (Canosa, m.60).