Martes. 16.04.2024
El tiempo

Fin de semana de cine, teatro para os pequenos da bisbarra

Fin de semana de cine, teatro para os pequenos da bisbarra

Esta fin de semana a Axenda da Costa da Morte ten parada para os cativos. E o fan da man do programa dinamización lingüística FalaRedes, impulsado dende a Secretaría Xeral de Política Lingüística para os concellos da Rede de Dinamización Lingüística.
Así, Corcubión, Fisterra, Cee Muros e Carnota acollerán sendas actividades, en galego, para os cativos:

Galego de Cine

A caravana de Galego de Cine, un cinema móbil que proxecta curtas en galego para os máis pequenos e remata cun videomatón, visitará as localidades de Corcubión, Fisterra e Cee nas seguintes datas:

  • 25/05/2012: Corcubión. Explanada C.P. Corcubión, de 15:00 h a 18:00h
  • 26/05/2012: Fisterra. Praza do Concello, de 11:00 h a 14:00h
  • 26/05/2012: Cee. Praza 8 de Maio, de 17:00 h a 20:00h

Teatro en Carnota

Por outra banda, o espectáculo 'O Señor das Dunas', que combina as historias de tradición oral dun contacontos coa ilustración sobre a area das distintas pasaxes, recalará o domingo 27 en Carnota, desenvolvendo a actuación no Salón de Actos do edificio do Concello, ás 12:00 h.

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Nota de prensa da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta.
Comentarios