Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Fin de semana enolóxica no Museo do Mar de Laxe

catas 15 e 16 de marzo
Fin de semana enolóxica no Museo do Mar de Laxe

O Museo do Mar de Laxe acolle esta fin de semana unhas xornada enolóxicas. O venres 15 de marzo, ás 19.00 horas, Enrique Novoa, director comercial da Bodega Pazo Pondal (Arbo) e o sumiller Alberto Varela Amado, de Choiva Viños, charlarán sobre a DO Rías Baixas.  A continuación o público asistente porá en práctica o aprendido a través da cata de 4 viños. 

Xa o  sábado 16, ás 12.00 horas, José Crusat da Adega Entre Ríos representando á IXP Barbanza e Iria, José Luis Bouzón de Adega Beade representando á IXP Terras de Betanzos, Antonio Portela da Adega Videiras no Mar pola IXP Terras do Morrazo e David Rías da Adega Cazapitas Viña Desamparado transmitirán os seus coñecementos sobre enoloxía. Cada enólogo explicará, así, as peculiaridades da súa adega e da súa IXP. Na parte práctica dirixirán a cata de albariño, branco lexítimo, branco plurivarietal e tinta femia.

Entrada libre

Estas actividades están abertas a calquera persoa maior de idade que queira aprender sobre viños. Non se require inscrición previa. As prazas son limitadas ata completar aforo.

Comentarios