Venres. 29.03.2024
El tiempo

Final feliz para Plutón en Salvacadelos

Final feliz para Plutón en Salvacadelos

Este canciño aparecía perdido polos eólicos de Mazaricos. Foi o veciño e seguidor de Salvacadelos, Quino Pais quen nos fixera chegar a nova do seu abandono, quen se ocupou de fotografialo e de achegalo á Clínica Veterinaria Argos de Cee. E afortunadamente xa ten familia!

Adoptouno Teresa, esta nova rapaza da zona. Bautizouno coma Plutón e van vivir en Ferrol. Ademais, como debe ser, xa o vacunou e lle puxo o microchip.

Máis historias bonitas

Pero non é a única historia bonita desta semana. ‎"Dana" marcha coa súa nova familia de Arteixo gracias a Salvacadelos.

Un par de irmás buscan fogar

Ademais, traemos este mar de preciosidades que buscan fogar. Son irmás, de raza pequena e teñen 2 meses. Seguro que non duran moito sen familia co bonitiñas que son...

Máis información de Salvacadelos

Se queren adoptar algún destes animais que necesitan un fogar, póñanse en contacto coa Clínica Veterinaria Argos de Cee:

Novas relacionadas

Historias Bonitas de Salvacadelos

Fonte

Comentarios