Martes. 23.04.2024
El tiempo

FIOT 2019: Empeza o espectáculo

 

Programa Rua dos Contos FIOT 2019 copia
A Rúa dos Contos abre o telón do FIOT 2019
FIOT 2019: Empeza o espectáculo

A 28ª edición do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo levanta o telón este venres 27. E faino coa Rúa dos Contos e o Teatro de Rúa como principais protagonistas desta primeira fin de semana de espectáculo. Pedro Brandariz, Xurxo Souto, Carlos Blanco, Xampatito Pato, ArtesaCía, Oswaldo Digón, Carmen Conde, Tito Rober e o concerto do dúo Blues do País serán os primeiros en subir ao escenario.

Carballo será, durante máis dun mes, o corazón das artes escénicas de Galicia, con case 40 espectáculos de máxima calidade. Así o refrenda o feito de que as entradas para as funcións de Jauría, La Golondrina, Hamlet e Fariña, incluídas no Programa de Sala, e para a actuación de Carlos Blanco deste domingo no Mercado Municipal, xa están esgotadas.

Carlos Blanco FIOT 2019 copia

Teatro tamén para as novas xeracións

O FiotEEN, o ciclo de espectáculos dirixidos á mocidade, se adianta á inauguración e este xoves 26 achegará a representación de Por unha peseta, da compañía Apatacón, aos IES Alfredo Brañas, Monte Neme e Parga Pondal.

Ademais, Este venres celebrarase o campamento infantil Noite branca no teatro, no que 25 nenas e nenos vivirán unha experiencia única de inmersión nas artes escénicas

Rua dos Contos

 

Programa Rua dos Contos 2 FIOT2019 copia

O ciclo de narración oral este ano celebra a súa 21ª edición. O primeiro en saír á escena será Pedro Brandariz, coa estrea absoluta da súa nova peza Un conto de michos. As entradas para esta proposta pódense reservar, gratuítamente, na Biblioteca Rego da Balsa, espazo no que terá lugar a función contra ás 18.00 horas. Xa pola noite, a partir das 21.00 horas no Café Valle Inclán, o dinamizador cultural e músico Xurxo Souto presentará O océano de dentro, unha peza na que ducias de historias e os contos do mar inundarán as rúas de Carballo. De seguido, ás 22.30 horas, a compañía coruñesa ArtesaCía, conformada por Laura Villaverde e Roi Fernández, presentarán no Casino 1889 a súa creación Chola a it girl, na que unha “it girl rectificada” explicará que o rural e o auténtico tamén poden ser tendencia. Esta ecléctica e singular noite pecharase coa música ao vivo do dúo Blues do País, que ofrecerán versións en galego, e con xeito, de grandes éxitos da música internacional.  

Xa na noite do sábado 28, Carmen Conde presentará os Premios Darwin, unha selección natural das historias máis curiosas vinculadas a mortes absurdas que a artista recolleu por toda Galicia. Logo desta sesión de ateigada de humor negro, e cuxa entrada é libre, Conde dará paso ao Tito Rober, quen dará a coñecer na Cervexería Beos a Vida e milagres do zume de laranxa. Finalmente, o humorista Oswaldo Digón pechará esta sesión da Rúa dos Contos ás 00.00 horas no Mesón do pulpo co seu espectáculo Anecdoloxía, no que recolle e ironiza arredor con aquelas escenas da vida cotiá que calquera pode vivir nun ascensor ou sala de espera. 

Programa Rua dos Contos 3 FIOT2019 copia

Teatro de Rúa

Programa FIOT 2019 Xampatito Pato

O ciclo vinculado ás artes circenses, acrobacias e clown que ten lugar a ceo aberto no espazo público de Carballo, e que nesta edición contará con catro espectáculos. O primeiro deles terá lugar este venres ás 20.00 horas na praza do Concello e chegará da man de Xampatito Pato (Juan Velasco), que ofrecerá Só, unha creación de malabares imposibles que desafían os sentidos apta para todos os públicos.

Calendario e información sobre entradas

Programa Calendario FIOT 2019 CarballoPrograma FIOT 2019 Venda Entradas

Novas relacionadas

Comentarios