Venres. 19.04.2024
El tiempo

FIOT: Medida x Medida estréase na casa

Estrea e presentacion de Medida x medida de PT Excentricas no FIOT
Estrea e presentación de Medida x medida de PT Excentricas no FIOT
FIOT: Medida x Medida estréase na casa

”Medida x medida” nace da coprodución da compañía Producións Teatrais Excéntricas co propio Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo. Este venres estréase no Pazo da Cultura no marco desta 28ª edición. Pero antes, uns poucos escollidos puideron ver onte a presentación oficial da obra dirixida por Quico Cadaval.

No acto estiveron presentes o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil; Marcos Trigo, concelleiro de Cultura; Alberto Sueiro, presidente da Asociación Cultural Telón e Aparte; Quico Cadaval, director da montaxe, e unha representación do elenco integrado por Melania Cruz, Patricia Vázquez, María Costas, Josito Porto, Santi Romay, Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira.

Alberto Sueiro puxo en valor o traballo na coprodución do Fiot a prol da creación galega e do festival como "ferramenta que facilita espazos para a exhibición".
Pola súa parte, Jacobo Sutil (Agadic), FIOT como "referencia na creación e fomento de novo públicos”.
Por parte da compañía, que cumple 15 anos sobre os escenarios, Cadaval fixo referencia á volta da compañía aos textos de Shakespeare, pois este autor "sempre foi un lugar de encontro co público necesario". Ademais, Melania Cruz considera “un luxo” participar neste montaxe, porque o teatro é un oficio que se aprende e vive sobre as táboas do escenario”.

Pase Medida x medida PT Excentricas

Comedia negra

Esta versión da obra de William Shakespeare é, segundo a propia compañía, “unha comedia negra sufocante, divertida, enigmática e aceda, que coquetea constantemente co desastre.”

Tras a súa estrea no Pazo da Cultura de Carballo, onde poderá verse o venres ás 21,00 h. e o sábado ás 20,30 h., o espectáculo iniciará unha xira que o levará proximamente a Pontevedra (10 de outubro), Arteixo (11 de outubro), Muros (12 de outubro) e O Barco (29 de novembro), nos tres últimos casos dentro da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios