Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Fisober e Vimianzo pasan aos Provinciais de FS Infantil e Benxamín

Fisober e Vimianzo pasan aos Provinciais de FS Infantil e Benxamín
Equipos da Fase Intercomarcal de Fubol Sala Equipos do Fisober, Villa de Cee, Camariñas, Muxía, Outes e Camriñas na Fase Intercomarcal de Fubol Sala Esta pasada fin de semana o pavillón de Corcubión acollía un intenso campionato Intercomarcal de Fútbol Sala de base. Os campións costeiros das LCFs Benxamíns, Alevíns e Infantís enfrontábanse aos campións das comarcas colindantes. Non puidemos facer pleno, pero a cousa saiu positiva, con 3 campións de 4 categorías. Así, en Infantil feminino, quedaron campionas as bravas do Fisober, por diante do Villa de Cee e do Camariñas. En Infantil masculino foron os do Camariñas os que levantaron o título de campión, por diante de Muxía, Brión e Outes. Máis expectacion, se cabe, houbo para as Ligas Alevíns e Benxamíns, que chegaban tras unhas instensas ligas regulares que venceran Manuela Rial e Vimianzo. Os benxamín do Vimianzo fixeron boas as predicións e venceron a Pontecesures por 1-8 e puideron co Negreira na queda dos penaltis. Xa en Alevíns, o Manuela Rial non puidi na final ante o Brión, e quedou en segunda posición, por diante de Outes e Pontecesures. Benxamins do Vimianzo campions Intercomarcais de FS Os Benxamíns do Vimianzo foron campións Intercomarcais de FS Agora tocan os Campionatos Provinciais, que se celebrarán o 19 de maioen Curtis, Betanzos e Teixeiro en categorías masculinas, e o 26 de maio, en femininas.

Novas relacionadas

 

Fonte

Comentarios