Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Fisober prepara unha temporada con 6 equipos en Liga Autonómica

A familia do Fisober segue medrando
A familia do Fisober segue medrando
O Fisober prepara unha temporada con 6 equipos en Liga Autonómica

A Federación Galega de Fútbol vén de confirmarle ao Fisober F.S.F. o ascenso a categoría Autonómica tanto do equipo Cadete Masculino, coma do Infantil Masculino. Con esta nova e si o Covid o permite, o cadro costeiro terá ata seis equipos participando en Liga Galega os cales serán o Senior Feminino, os Cadetes Feminino e Masculino, os Infantil Feminino e Masculino e o Alevín Feminino. Nun feito sen precedentes para o club e para súa Escola de Fútbol Sala.

Ademais, o club tamén ten a intención de competir en categorías locais tanto en benxamín (mixto para nados en 2011, 2012 e 2013), coma en alevín (feminino e masculino, para nados en 2009 e 2010); e para iso segue ca campaña de captación de xogadoras e xogadores en tódalas categorías.

Poden contactar cos responsables do Fisober.

Captacion do Fisober

Comentarios