Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Fisterra aproba unha ordenanza para cobrar por estacionar

Aparcamento no Faro Fisterra
Aparcamento no Faro Fisterra
Fisterra aproba unha ordenanza para cobrar por estacionar

O Concello de Fisterra é o primeiro en aprobar unha ordenanza municipal que lle permitirá cobrar por estacionar. A Ordenaza reguladora polo estacionamento de vehículos de tracción mecánica nos espazos municipais aprobada o pasado xoves cos votos a favor de PSOE e BNG (e os 5 en contra do PP0, servirá de ferramenta para que o Concello saque beneficio da chegada dos visitantes en épocas turísticas.

O marco permitirá cobrar de 15€ a os autobuses, a 5€ a autocaravanas e furgonetas e 2€ a turismos, por un máximo de 4 horas; se ben haberá unha tarxeta especial por frecuencia a aqueles vehículos que utilicen o estacionamento 90 días ao ano (unha redución do 24%) ou de 180 días ao ano (redución do 50%).

A ordenanza tamén recolle a creación de “zonas reservadas para residentes”, tendo a necesidade de obter a tarxeta de residente previo pago de 200€.

PEL-Reactiva

O pleno servía para aprobar aadhesión ao Fondo de Financiamento para a Reactivación Económica e Social do PEL-Reactiva da Deputación, que permitirá repartir arredor de 75.000€ (o 20% a cargo municipal) entre autóno@s e microempresas.

Outros artigos

Comentarios