Venres. 19.04.2024
El tiempo

Fisterra, capital mundial de futbolín

Fisterra, capital mundial de futbolín
Campionato de Futbolin de Fisterra-Foto-Dario Gomez Roberto Traba amenizando o Campionato de Futbolín de Fisterra-Foto-Dario Gomez Kuka e Roberto Traba no Campionato de Futbolin de Fisterra-Foto-Dario Gomez

No incomparable marco das Festas do Carme de Fisterra, a vila do Cristo acollía este pasado venres o emotivo I Campionato Internacional de Fútbolín “Na Fin do Mundo. Alexandre de Fisterra”. Había que repetir, logo do éxito do ano pasado, e parece claro que hai que facer desta unha cita ineludible cada ano pola volta, facendo así a necesaria homenaxe dende a casa do seu inventor.

Desta volta foron 40 parellas as que participaron no torneo, pero foron moitos máis os veciños e visitantes que pararon na Praza da Constitución a sentir a emoción do deporte “principiño”.

Ante unha gran expectación, e con Roberto Traba Velay animando o ambiente, foron máis de 2 horas de partidas xogadas do tirón e por eliminatoria. Había participantes de diferentes partes da xeografía española, pero parece claro que os mellores foron os de Fisterra, ou alomenos así o deixa claro os podios das 3 categorías.

En infantís, venceron Alex e Brais, por diante de Iago e Álex e Edgar e Xosé.

En xuvenús, os campións foron Aitor e Iván, por diante de Guillermoe Cristian e Iván e Pablo.

E finalmente, en adultos, Laureano e Cristian foron os campións, vencendo na final a Manolo e Roberto, completando o podio Jano e Asturiano.

Así, Fisterra celebrou esta humilde homenaxe a un dos seus senlleiros persoeiros.

Campionato de Futbolin de Fisterra-Foto-Dario Gomez 2 Campionato de Futbolin de Fisterra-Foto-Dario Gomez Campionato de Futbolin de Fisterra-Foto-Dario Gomez 2 Campionato de Futbolin de Fisterra-Foto-Dario Gomez Kuka e Roberto Traba no Campionato de Futbolin de Fisterra-Foto-Dario Gomez Kuka e Roberto Traba no Campionato de Futbolin de Fisterra-Foto-Dario Gomez Campionato de Futbolin de Fisterra-Foto-Etel and Pan Campionato de Futbolin de Fisterra-Foto-Etel and Pan Ambiente na Praza da Constitucion no Campionato de Futbolin de Fisterra-Foto-EtelandPan Ambiente na Praza da Constitucion no Campionato de Futbolin de Fisterra-Foto-EtelandPan

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios