Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Fisterra e Ponteceso lánzanse por cogumelos

Fisterra e Ponteceso lánzanse por cogumelos

Despois das sempre exitosas xornadas de Cee, e coas de Coristanco, no EFA Fonteboa, e Zas xa en marcha, a Costa da Morte segue volcándose cos cogumelos. Así o corroboran as novas Xornadas Micolóxicas que acollen Fisterra e Ponteceso, onde, por certo, puxéronlle o nome de Paco Souto, que foi o coordinador das primeiras edicións.

IV Xornadas Micolóxicas na Fin da Terra

Xornadas Micoloxicas Fisterra 2018

A primeira fin de semana de decembro, Fisterra acolle a cuarta edición das súas xornadas, da man da Concellería de Cultura e da Asociación Pan de Raposo. O sábado 1 de decembro toca saída guiada para recolelr cogumelos, que se utilizarán para a exposición dominical no mercado municipal, acompañada ademais dos traballos dos centros educativos.

A fin de semana culminará cunha degustación de novo no mercado o domingo ás 19:00h.

IV Xornadas Micolóxicas Paco Souto de Ponteceso

xornadas micoloxicas ponteceso 2018

As IV Xornadas Micolóxicas xa levan o nome do escritor, percebeiro, político e gran activista social e cultural Paco Souto, que, precisamente, fora o coordinador das dúas primeiras edicións antes do seu inesperado falecemento, en marzo do ano pasado.

A xornada, organizadas pola Concellaría de Educación, Patrimonio e Asociacionismo, e a asociación veciñal, cultural e deportiva A’Xolda (Cores–Nemeño), será o vindeiro sábado 24. Ás 10:30 horas, afeccionados/as á micoloxía e público en xeral daranse cita na Biblioteca Municipal para iniciar un particular percorrido por diferentes puntos do municipio xunto a Manuel Pose Carracedo, coordinador da actividade, que guiará a visita xunto a José García, colaborador e experto na materia. Ao longo da mañá procederase á recolleita dos cogomelos con explicacións in situ sobre as diferentes variedades existentes na contorna e algunhas recomendacións a ter en conta para distinguir as especies velenosas das comestibles. Xa pola tarde, a partir das 16:30 horas, procederase á catalogación de todos os produtos recollidos durante o día, e ás 20:00 horas dará comezo no local social da Campara unha degustación de setas con elaboracións do cociñeiro Bautista Mato.

As persoas que estean interesadas en participar deberán inscribirse previamente chamando ao telefono 981 715 442 ou enviando un mail a: [email protected]. Hai un límite de 25 prazas.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-efa-fonteboa-tamen-sae-por-cogumelos/ https://quepasanacosta.gal/os-concursos-dinamizan-as-xornadas-micoloxicas-de-zas/ https://quepasanacosta.gal/pois-si-que-tinan-ganas-de-sair-tanto-a-xente-como-os-cogumelos/
Comentarios