Venres. 19.04.2024
El tiempo

Fisterra pon en marcha os cursos de teatro e música

Fisterra pon en marcha os cursos de teatro e música
O concello de Fisterra vén de abrir o prazo de inscrición de dúas das súas actividades que oferta para os seguintes meses. Por un lado, trátase dos distintos cursos de música dirxidos a nenos e nenas maiores de 6 anos e persoas adultas. Concretamente, impartiranse clases de iniciación de frauta, frauta traveseira, gaita, tambor, tamboril, saxe e linguaxe musical. Todas terán lugar os venres pola tarde e o próximo 5 de outubro ás 17:30 horas realizarase unha reunión na aula de música da CEMIT de Fisterra co fin de organizar os grupos. Os/as interesados/as en participar poden anotarse antes do 4 de outubro na concellería de Cultura do concello de Fisterra (en horario de 09:30 a 15:00 horas) ou no número de teléfono 981 74 00 01, extensión 6. En canto ao teatro haberá dous cursos. Un deles estará dixido a adultos que, sen previa experiencia neste eido, deseñen coñecer os mecanismos básicos do xogo teatral e explorar as súas capacidades. As clases impartiranse os luns de 18:00 a 19:00 horas, As prazas son limitadas e un dos requisitos é ter máis de 16 anos.  E o outro, xa é un curso avanzado de teatro dirixido a maiores de 18 anos con experiencia no teatro. As clases serán os luns de 19:00 a 21:00 horas. En ambos casos, os/as interados/as poden anotarse antes do 28 de setembro na concellería de Cultura do concello de Fisterra en horario de 09:30  15:00 horas. Fonte

Comentarios