Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Fisterra quédase pequena por Semana Santa

Fisterra quédase pequena por Semana Santa
Cheo para o Domingo de Resurreccion na Semana Santa de Fisterra-Foto-Rafa Quintans Cheo para o Domingo de Resurreccion na Semana Santa de Fisterra-Foto-Rafa Quintáns Foron cifras as desta Semana Santa que fan reprantexar moitas cousas. A vila de Fisterra quédase pequena para datas coma esta e dende o Concello xa comezan a darlle voltas para manter viva a galiña dos ovos de ouro. Ser a Fin da Terra, a Fin do Camiño, ter unha das Semanas Santas máis auténticas do país, e unha gastronomía e un entorno natural incribles (e ademais con bo tempo), fan da vila do Cristo un foco de atracción imparable. “Isto non hai quen o pare, e seguimos batindo marcas. Por iso temos que tomar medidas rápidas, e xa estamos buscando uns terreos no centro da vilta para facernos con eles e habilitar aparcamentos, porque o pueblo quédanos un pouco pequeno para tanto coche. Intentaremos estar listos para o verán e para que a vindeira Semana Santa non nos volva pasar isto”, recoñece o teniente alcalde Kuka Sar. I é que a estrada de subida ao Faro tivo que pecharse en moitos momentos polo exceso de tráfico, dando conta da necesidade de coordinar verdadeiramente o acceso ao cabo. Uns atascos que arrincaba na estrada ao Faro e por momentos chegaban ata a gasolinera… provocando que a xente aparcase na Anchoa ou na zona do pavillón. Foi tal a xente que o dispositivo de 15 persoas que sempre se organiza entre Protección Civil e Policía Local de Fisterra para o domingo de Resurrección, en principio o momento cumio da Semana Santa Fisterrá, faríase necesaria dende o Xoves. “Eu levo 35 anos e poucas veces viramos algo igual. Desbordáronse todas as nosas predicións que tiñamos”, recoñece un dos membros da Policía Local. O Faro luciu espléndido con ese sol que acompañou practicamente toda a fin de semana, e un grupo de gaiteiros que amenizaron o solpor ao calor do Semáforo, mesmo tocando un himno que fixo tremer os corazóns dos centos de galegos que disfrutaban da caída do sol. Ademais, polo día, tamén houbo gaiteiros recibindo aos visitantes na nova Praza Stephen Hawking. https://www.facebook.com/quepasanacosta/videos/10155067600157177/ A hostalería quedou ben contenta coa afluencia de xente, pero tamén sufriron a invasión. Algúns restaurantes mesmo tiveron que deixar de dar comidas ás 19:00h porque se agotaran as existencias… Procesion na Semana Santa de Fisterra Unha das procesións na Semana Santa de Fisterra E que dicir da Xunta de Confrarías, a gran armadanzas de todo o congromelado relixioso que fai destas datas unhas das máis especiais para a vila do Cristo. Con 2.000 persoas implicadas directamenta na organización, a Semana Fisterra terá que ser declarada canto antes Ben de Interese Turístico Nacional. Porque así o demostra. Este ano as procesións foron un tremendo éxito. Non só os feligreses que seguían a procesión, se non os milleiros de visitantes que disfrutaban do simbolismo das mesmas, deron conta da enorme fortaleza desta festa. Procesion do Venres Santo da Semana Santa de Fisterra Procesión do Venres Santo da Semana Santa de Fisterra A máis numerosa foi a do Venres Santo, a Procesión do Santo Enterro, despois do mítico Desencravo. Case que un quilómetro duraba a cola de feligreses trala imaxe á saída da Igrexa de Santa María das Areas. E que dicir do Domingo de Resurrección, o punto máis auténtico da fin de semana. A recreación teatral da Resurrección volveu atraer á zona da igrexa a milleiros de fieis e espectadores nunha escea do máis emotiva. Domingo de Resurrección na Semana Santa de Fisterra-Foto-Darío Gómez Domingo de Resurrección na Semana Santa de Fisterra-Foto-Darío Gómez Domingo de Resurreccion na Semana Santa de Fisterra-Foto-Dariuo Gomez 2 Domingo de Resurrección na Semana Santa de Fisterra-Foto-Darío Gómez Non faltou a troula, para completar todos os lados dunha fin de semana de festa. A París de Noia foi a que puxo o espectáculo máis impresionante. Tardou en saír por problemas cun xenerador, pero en canto chegou fixo mover o esqueleto a toda a veciñanza, sobre todo, local, que tivo tempo para gozar da súa festa despois da axetreada fin de semana.  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios