Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Fisterra si terá Entroido… dende a casa!!

Entroido Fisterra 2021 na casa
Fisterra si terá Entroido… dende a casa!!

Anunciabamos a semana pasada que o Entroido de Fisterra 2021 quedaba suspendido. Pero dende o Concello non queren deixar un ano sen o “Entroido máis tradicional da Costa da Morte” polo que propoñen celebralo… en familia e dende a casa.

Do 1 ao 14 de febreiro podes disfrazarte de forma individual, en parellas ou en comparsa familiar (só podes participar nunha categoría das mencionadas), e únicamente os membros da unidade familiar (persoas conviventes), e sacar unha foto ou un vídeo (vale con coplas!!), ollo, con mascarilla, e enviala ao Concello (polo whastapp ao 699263964 ou ao correo [email protected]), ao tempo que imprimes e cubres as as bases, e mandas o DNI.

Máis actividades

Ademais, o Concello realizará algunha outra actividade, que pronto adiantará, entre as que destacan unha pequena homenaxe ao Entroido fisterrán onde se falará de toda a súa historia.

Novas do Entroido Fisterrán

Comentarios