Imprimir

A folga das Ambulancias ponse máis tensa na Costa da Morte mentres a negociación continúa en Santiago

que pasa na costa | 22 de febreiro de 2019

Numerosas Ambulancias pinchadas na Costa da Morte
Numerosas Ambulancias pinchadas na Costa da Morte

Días de gran tensión arredor da folga das Ambulancias.

Aumenta a tensión arredor da folga das Ambulancias na Costa da Morte. Estas pasadas noites de mércores e xoves foron pinchadas unha das ambulancias de Carballo, a de Mazaricos e a de Ponteceso. Grave parece o caso da de Ponteceso que viviu dous episodios de vandalismo en apenas dous días, a primeira vez sufría pinchazos en tres rodas.

Uns feitos que se completan coas pnitadas nas ambulancias de Cee, Muros…, e que demostran a gran brecha entre traballadores do transporte sanitario e os patróns das empresas concesionarias.

Este goberno ocupouse de privatizar o sistema de ambulancias do noso país, e de aí ven o conflito. Os traballadores levan 3 anos xo soldo conxelado e a patronal aínda quería baixarlle un 10% máis.

Negociación en marcha

Manifestacion dos profesionais das Ambulancaiias-Foto-Juanma Trillo

Manifestación do pasado mércores en Santiago-Foto-Juan M. Trillo

Esta semana, trala manifestación do pasado mércores, a Xunta recoñeceuse como parte intrínseca dun problema do que quixo safar, e o SERGAS convocou para unha reunión celebrada este venres cos tres sindicatos CIG, CCOO e UGT, e a patronal, a Federación Galega de Empresarios de Ambulancias FEGAM, para mediar no conflito.

Os sindicatos, unidos neste caso, consideran que a patronal mantense na posición de que se non hai maior dotación económica nas concesións non ían propoñer nada máis que o acordado ata agora: quedarse como están, co soldo conxelado e non baixar ese 10% ameazado.

A Xunta fixo ver que o novo concurso do transporte sanitario urxente ía contentar ás partes. “Non chega con boas palabras”, sinalan dende os sindicatos, “a pelota está directamente no seu tellado”.

As centrais consideran que “a solución a este conflito só pode pasar pola sinatura do convenio colectivo e deixamos claro que a administración é tan responsable como a patronal en ter chegado a esta situación”.

A reunión do convenio será o día 28, mentres a ondada de tensión aumenta nas rúas.

Novas relacionadas

Outras novas do sistema sanitario

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/costa-da-morte/folga-das-ambulancias-ponse-mais-tensa-costa-da-morte-mentres-negociacion-continua-santiago/20190222224749106995.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA