Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Fotodenuncia: Recordo dalgún desaprensivo na praia de Nemiña

Fotodenuncia: Recordo dalgún desaprensivo na praia de Nemiña

"Leva así tres meses", cóntanos Felipe Sar, un dos surfeiros do Clube Surf Os Tombos amantes da praia de Nemiña. De feito, Felipe é un dos que máis actualiza o Grupo de Facebook Playa de Nemiña, destacando as súas marabillas pero tamén criticando as desavinzas dalgun visitante desaprensivo.

I é que Nemiña e a praia fetiche para os surfistas e son moitos os que chegan nas súas caravanas e furgonetas. Pero ao non haber aparcamento homologado para elas, moitas veces aparcan no medio e medio da praia, e realizan prácticas ilegais como o baleirado das augas fecais das caravanas en calquera lado, pegado de publicidade en señais e duchas...

Así nos trae a denuncia o clube local, i é que estes surfistas que xa teñen demostrado o seu compromiso co medioambiente limpando as praias que os concellos non coidan.

Unha de chapapote

Aproveita Felipe para enviarnos a imaxe destas pedras descubertas en Nemiña despois do temporal de mar de fondo. Non están espidas, se non que unha boa capa de chapapote negro as cobre, como pasa en moitas outras praias da zona como na do Rostro.
A realidade é que o chapapote aínda está, e non fai falta esforzarse moito para comprobalo. Se cadra nas rochas máis evidentes das praias que utilizan turistas e veciños en verán non se ve tanto, pero nas zonas rochosas, un manto negro, que non é liquen, cobre a superificie.

Novas relacionadas

Máis Fotodenuncias

Podes enviarnos a túa fotodenuncia a [email protected] ou a través do noso Facebook.

Fonte

Comentarios