Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Fotodesfeita: Plástico no interior dun abadexo

Fotodesfeita: Plástico no interior dun abadexo
Plastico nun abadexo da Costa da Morte Un anaco de cordel atopado nun abadexo da Costa da Morte-Fotos-Óscar de Souto Era unha das confirmacións que faltaba para corroborar: que  nas nosas augas tamén hai un gran gravísimo problema cos plásticos. Comprobar que os nosos peixiños teñen plásticos no seu interior é doloroso. Así lle aconteceu, non por primeira vez, ao noso compañeiro Óscar de Souto, que abrindo un pequeno abadexo (unha comunmente chamada zarreta) duns 30 cm, atopou no seu interior un anaco cordel de verde que se utiliza para o aparello, deses anacos que se barren pola borda en moitos barcos ao limpar a cuberta. Segundo nos conta o experimentado pescador de rocha, “estes abadexos teñen un defecto natural na visión e comen plásticos ao confundilos con pequenos peixes ou camaróns”, provocando que “unha parte importante das especies que hai nas nosas augas está morrendo envelenado polo plástico que tiramos nós ao mar”. A problemática vai moito máis alá destas pequenas zarretas, pois tamén lubinas, pintos, maragotas… se teñen atopado con plásticos no seu interior. Pero a cadena trófica segue subindo chanzos, unha vez que, por exemplo, o tabeirón azul e os golfiños, ao comer estes peixes, tamén poden morrer intoxicados. Coma sempre, hai unha parte da flota moi concienciada con esta problemática, e outra que prefire mirar, e barrer, para outro lado.  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios