Venres. 29.03.2024
El tiempo

Fotografía e poesía únense en Malpica

Fotografía e poesía únense en Malpica
O centro cívico de Malpica acolle o sabado unha cita galaico-portuguesa O centro cívico de Malpica acolle o sabado unha cita galaico-portuguesa O vindeiro sábado, 30 de xaneiro, o centro Cívico de Malpica acolle ás 19:30 horas a inauguración da exposición de fotografía "Do meu Porto de vista", de Pereira Lopes e a presentación do libro de "Poemas a flor de pel", de Carmen Muñoz. Carmen Muñoz naceu nunha pequena vila de Cáceres e despois de varios anos vivindo por distintos lugares do territorio español, decidiu afincarse en Malpica de Bergantiños. Ademais de ser graduada en secundaria da ESO e monitora socio-cultural, Carmen Muñoz ten unha forte paixón pola escrita. Recoñece que busca a inspiración nas persoas, na natureza, na xustiza e na inxustiza e nos camiños da vida o cal lle levou a publicar xa varias obras como "Renacer" (2012), Antoloxía "Palabras entre el Centeno" (2012), "20 poemas em Remanso" (2014), "Sobre o rostro do corpo" (2015), entre outros. Agora, xunto coa editora Seda Publicações vén de publicar o seu último traballo, "Poemas a flor de pel", que presentará o vindeiro sábado en Malpica. Carmen Muñoz compartirá protagonismo co fotografo Pereira Lopes, quen presentará unha mostra de fotografías tomadas na cidade do Oporto, lugar onde naceu. O seu interese pola fotografía comezou aos 16 anos. Tras varios anos de experiencia e de éxitos, en febreiro de 2011 fixo a súa primeira exposición colectiva na galería de Arte de Oporto. "Dá Luz e do Olhar" foi a súa primeria exposición individual e con ela percorreu varios puntos de España, Francia e Chipre. Ten traballos publicados en revistas, catálogos e libros, dos cales algúns facen parte de coleccións particulares e institucionais. E ademais é responsable de "Instantes";Festival Internacional de Fotografía de Avintes. Novas relacionadas Fonte

Comentarios