Venres. 19.04.2024
El tiempo

Fran Martín: “Debuxo para resolver os meus problemas”

Fran Martín: “Debuxo para resolver os meus problemas”
Fran Martin debuxa dende APEM Fran Martín debuxa dende APEM

Arrincamos esta fin de semana unha fermosa sección en QPC, abrindo a fiestra da nosa comunidade á familia de APEM (Asociación Pro Enfermos Mentais). E o facemos a través de Fran Martín, un dos seus usuarios, que deixa claro que é unha persoal normal cos seus problemas. E precisamente, para resolver eses problemas, saca o boli e debuxa.

Debuxar é unha dúas primeiras lembranzas, e de feito, os seus recordos de neno son a súa meirande fonte de inspiración. Pinta cada día uns 30 debuxos, polo que a súa obra non ten fin. Cada día, achégase ao McRober para tomar un café e os seus deliciosos pinchos, onde saca o boli e ponse a debuxar. Alí, o amigo Quique Portela botoulle unha man para darlle saída a todos estes “Tesouros de papel”, dando nome así á nova sección.

Natural da Coruña, pero con nai e casa de Corcubión, recoñece que a súa famiia agora é APEM. “Teño moito que agradecer á miña familia de Apem, que agora estou de marabilla aquí, moito mellor na Coruña. E claro, teño que darlle ás gracias á familia sanguínea, tamén e a Quique Portela, por terme traido á luz pública, amais de Josiño Mira, tamén de Radio Nordés, por terse tomado tanta molestia. Finalmente, tamén a vós, o diario virtual, porque estes pequenos milagros son moi de agradecer”.

Como non, cada mércores encántalle participar na tertulia de Radio Nordés, e gústalle aínda máis cando lle recoñecen a voz pola rúa e lle “transmiten unha sensación de normalidade e cariño impagable”.

Fálanos das súas influencias, que son variadas. Ademais das súas lembranzas de neno, recoñece que “no imaxinario dunha persoa que ten lido moitos comics, sempre quedan esas imaxes na retina”. Flash Gordon, James Bond, O Principe Valiente eran os seus favoritos… Pero tamén ten disfrutado con autores como Nabokov, autor de Lolita.

Hoxendía, e despois de mandar e mandar a El Jueves, despois de publicar as súas “Noites de Sol” no Correo Gallego, despois de gañar un par de premios en formato libro, quere sacar eses demos (un dos seus favoritos para pintar) a través da fiestra da rede que abre QPC a toda a Costa da Morte.

Nós, encantados de publicar estes “Tesouros de papel”.E comezamos, como non, a golpe de diaño:

Fran Martin debuxa ao Demo 1  

Fonte

Comentarios