Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Fran Pioto analízanos a actualidade do fútbol sala

Fran Pioto analízanos a actualidade do fútbol sala
Fran non necesita presentación, pois é un dos clásicos do deporte costeiro. A súa traxectoria como futbolista é de todos coñecida, pero aínda máis meritorio é o seu traballo no fútbol sala á fronte do Fisober. Algún día darémoslle o mérito e recoñecementos que se merece. Charlamos con el e fíxonos unha radiografía do estado do fútbol sala, de actualidade por moitos motivos, dende a incorporación á Federación Galega de fútbol, ata a convocatoria de 4 nenos costeiros para a selección galega benxamín.  Sobre o equipo que dirixe, o Fisober, comentounos isto: "a tempada co Fisober vai como esperábamos a nivel resultados, o primeiro equipo sabíamos que ía ter una tempada difícil polo o cambio de grupo (pasamos do grupo 1,zona norte de España para o grupo 4,zona centro) e o equipo que temos, con nenas moi novas e sin casi experiencia en nacional fai que suframos moito máis para ganar partidos, xa que o nivel medio que teñen os equipos da zona de Madrid e superior o do norte de España, pero bueno, eu confío en que a segunda volta vai ser moito mellor, a pesar dos últimos resultados o xogo do equipo esta mellorando e con un pouco de sorte e aproveitar as ocasión de gol que xeramos sacaremos moitos máis puntos nesta segunda volta, estou convencido" O traballo que están a facer en fútbol sala base é encomiable. "Os equipo de base van vento en popa a toda vela. Temos un grupo de nenas infantís que xa están alternando o filial de 1ª Galicia co seu equipo na Liga galega infantil e que están mellorando moito, e despois esta o equipo alevín que é mixto  e outro só feminino que non compite, polo tanto temos arredor de 30 nenas e 8 nenos que actualmente forman a estructura do club" En canto a adestradores, a familia do Fisober vai en aumento: "a base está adestrada por Ana Mouzo e Dani Costa, que ademáis son os seleccionadores da costa benxamíns e que están facendo un gran traballo, sen olvidarnos de Carlos Carballo e Mauro Lema que adestran ó filial e Luis Sambad que habitualmente traballa coas porteiras" Fran é un experto no fútbol sala de base, e dende logo o traballo na canteira é o pilar fundamental onde se asentarán futuros éxitos. "Na costa estase perdendo traballo na base, antes había moitos máis equipos, a liga infantil prácticamente desapareceu e as benxamíns e alevín cada vez teñen menos equipos. A nivel dos clubs hai moitas diferencias entre uns e outros, algúns priorizan o fútbol sala e traballan ben os conceptos técnico-tácticos e preocúpanse por saber as reglas do xogo e outros veno máis como una actividade complementaria ó fútbol e inscriben os seus equipos para que compitan outro dia a semana, é este é un punto a mellorar" Co curso de monitor de base de Dumbría que se celebrará en febreiro seguro que na Costa da Morte melloramos en formación neste tema. Sobre o que comenta Fran da dicotomía entre fútbol e fútbol sala, opina que "cada dia o fútbol e o fútbol sala de base parécense máis, non temos máis que ver as dimensións do campo, o tamaño dos balóns e incluso o modelo de zapatillas, cada dia teño máis claro que a practica de ambas disciplinas e beneficioso para a formación técnica e táctica do nen@. Durante una tempada hai tempo para todo, os clubes poderían ter fútbol sala e fútbol e todos  ganaríamos en cantidad e calidad, sería cuestión de preguntarnos os clubs, monitores e país, que queremos? formar ou competir? se escollemos formar daría tempo para todo, se escollemos competir pois así nos vai" Seleccions de Futbol Sala dos peques da Costa da Morte Por último, o tema de actualidade é a convocatoria de 4 nenos na selección galega benxamín: Pablo Costa do Fisober, Iago Insua e Manuel Estévez do Concello de Fisterra e Javier Blanco das EDM Malpica. " No tema seleccións galegas, calquera dos 4 nenos ten un nivel máis que aceptable para formar parte da selección, no caso de Javi é de Malpica e esta adestrado por María, polo tanto ten conceptos de fútbol sala, no caso de Pablo, é un neno que ten unas condicións moi boas e o estar xogando con nos pois tamén se lle inculcan os conceptos técnicos como pode ser parar o balóns de planta que é fundamental no fútbol sala e despois tanto Iago como Miguel, pois que che vou decir, son fisterráns e teñen esa vena competitiva que só teñen os de Fisterra, e Fran, o seu monitor está a traballar moi ben con eles" O traballo non acaba aquí, como nos di Fran: "a selección alevín da costa tamén empezou a adestrar e probablemente algún dos integrantes vaia a algún adestramento ca selección galega alevín, xa que o nivel é alto. Outra selección que empezara en breve é a infantil, ainda que aquí si que xa estamos máis xustos de nenos, xa que so podemos contar con nenos de 6 equipos, pero sin duda tamén se fara una selección competitiva. Tanto a selección alevín como a infantil disputaran o campeonato galego o 10 de febrero, ali estarán presentes o seleccionadores galegos de ambas categorías e esperemos que algún poda formar parte de selección galega e poida disputar un campeonato de España. Esto non sería posible sin a creación da delegación en Baio e a implicación que esta demostrando a RFGF co fútbol sala, de feito este ano podemos disfrutar de 3 campeonatos de España en Galicia, a fase sector sub 21 femenina en Redondela o 27 e 28 de xaneiro, o sub 17 femenino en Burela do 6 ó 11 de febrero e o infantil feminino con sede por confirmar a finais de maio, en todas estas categorías temos xente da costa adestrando e quen sabe si convencendo os diferentes seleccionadores para entrar na lista final"Ahinoa co Fisober

Comentarios