Venres. 29.03.2024
El tiempo

FSF: Bos tempos para Fisober e a familia Amarelle

A capi do Amarelle Santa COmba e a muxia Nuria Paz
A capi do Amarelle Santa Comba é a muxiá Nuria Paz
FSF: Bos tempos para Fisober e a familia Amarelle

En Cee xogaba esta semana o Fisober, e pesar das numerosas baixas por lesión, sumaron unha nova vitoria que as matén na zona alta, aínda a 8 puntos do líder, pero coas vistas postas no partido da semana que vén, ante un Bembrive, 2 na táboa, que saca 5 puntos ás costeiras.

Tamén celebraron unha nova vitoria as xalleiras do Amarelle Concello de Santa Comba tras impoñerse ao Cruces FSF. A capitana, a muxiá Nuria Paz, a carballesa de Sofán Elsa e a ceense Carla foron as goleadoras. As xalleiras acumulan a súa terceira vitoria consecutiva e aínda non coñecen a derrota no que vai de tempada.

Tamén venceu o Viaxes Amarelle de 2ª Nacional, onde a participación da capi muxiá Patri Romaní, e a saída a pista de Inés Suárez,que abriu a lata, foron fundamentais para unha nova vitoria, que as deixa 2 a º punto do líder, o Fisgón, e sen coñecer aínda a derrota.

PREFERENTE, XORNADA 7

  • Resultado: FISOBER F.S.F. – PIZZERÍA BAHÍA – MONTERROSO F.S.F. (5-1).
  • FISOBER: Lía, Mai, Carre, Paula Fandiño, Kenny; tamén xogaron: María Maroñas, Adriana, María Dumbría, Uxía, Sharay, Saray.
  • Goles: 1-0 min 1 Paula Fandiño, 2-0 min 3 Mai, 3-0 min 13 Paula Fandiño, (descanso), 3-1 min 24 Lucía, 4-1 min 36 Paula Fandiño, 5-1 min 39 Mai.

Carre co Fisober
Carre

Arrancaba moi ben o conxunto costeiro xa que despois dunha longa posesión Mai asistía co calcaño para que Paula Fandiño marcara o primeiro gol local. E pouco despois as mesma protagonistas aínda con diferente desenlace, desta vez era Paula Fandiño a que asistía para que Mai fixese o segundo gol local case sen saír dos vestiarios. As visitantes tamén se desperezaban pero aparecía Lía para frealas.

Mai, Uxía e Adriana avisaban, pero volvía ser Paula a que marcara o 3º antes de que Lía tivera que aparecer para salvar un par de ocasións.

A volta de vestiarios voltou arrincar forte o Fisober, primeiro Paula Fandiño cun lanzamento lonxano, despois Sharay nun man a man e logo de novo Paula Fandiño, rozaron o gol costeiro. Pero quen si o lograría sería a visitante Lucía para apretar un pouco o electrónico. O Fisober seguía ao seu e sería Carre a que tería opcións de mellorar o resultado para as costeiras. Nos últimos minutos as costeiras pecharían definitivamente o partido, primeiro co terceiro gol de Paula Fandiño e logo co segundo de Mai.

Xogadoras do Fisober dedicando un gol

1ª GALICIA FEMININA, XORNADA 4

  • Resultado: Amarelle Concello de Santa Comba - Cruces FSF (3-0)
  • Amarelle Concello Santa Comba: Nerea, Ge, Carla Martínez, Nuria, Elsa (cinco inicial), Tania, Andrea, Lucía Yu, Carla Riomao, Sara, Paula.
  • Goles: 1-0 Nuria (min. 20); 2-0 Carla Martínez (min. 33); 3-0 Elsa (min. 42).

A ceense Carla marcou co Amarelle Santa Comba
A ceense Carla marcou co Amarelle Santa Comba

O equipo Arturo Trillo, segue falto de gol neste inicio de competición provincial, pero consegue dar continuidade á súa racha de bos resultados. Na primeira parte, as locais buscaban manter a posesión do balón e atopar o primeiro gol canto antes; pero as visitantes cunha defensa moi pechada impedía que as xalleiras se hermanasen co gol. Os minutos pasaban, e o marcador mantíñase co 0-0 inicial, ata que a falta de cinco minutos para o tempo de asueto, Nuria tras varios regates ao bordo do área lévase ás súas contrarias e consegue subir o 1-0 ao luminoso.

Na reanudación, a dinámica do encontro seguiu sendo igual á da primeira metade, aínda que as locais conseguían poñer o 2-0 aos oito minutos de xogo, tras un rexeite da porteira visitante a un disparo exterior de Nuria, que Carla Martínez aproveitou para poñer o segundo da mañá. O partido ía collendo cor, pero a boa defensa visitante impedía que a distancia no marcador ampliásese, aínda que tampouco xeraban o perigo suficiente para recortar distancias. E a oito minutos do final do tempo reglamentario, Andrea executaba un disparo a porta, que a meta visitante despexaba, e no rexeite Elsa non perdoaba e subía o 3-0 ao marcador.

O equipo xalleiro, dirixido polo corcubionés Arturo Trillo, conta con varias xogadoras da comarca como son Andrea Romero (Fisterra), a capitana Nuria Paz Liñeiro (Muxia-Quintáns); Elsa Souto Souto (Sofán) e Carla Martínez (Cee).

2ª DIVISIÓN NACIONAL, GR.1, XORNADA 5

  • Resultado: Ribamontán ao Mar CF - Viaxes Amarelle FSF (1-8)
  • Viaxes Amarelle FSF: Tami, Patri Romaní, Reneé, Irune, Patri Curral (cinco inicial), Inés Suárez, Martita, María Gómez, Yaiza, Zaida.
  • Goles: 0-1 Inés (min. 15); 1-1 Isa (min. 16); 1-2 Martita (min. 22); 1-3 María Gómez (min. 24); 1-4 María Gómez (min. 29); 1-5 María Gómez (penalti) (min. 32); 1-6 Zaida (min. 36); 1-7 Patri Curral (min. 39); 1-8 Yaiza (dobre penalti) (min. 40).

Viaxes Amarelle de viaxe
Inés e Patri, á esquerda xunto ao adestrador Jorge Basanta

O equipo herculino tiña o segundo desprazamento consecutivo, e terceiro da tempada, coa visita ao pabellón da nosa Señora de Latas; onde o conxunto herculino tivo que traballar moito para irse ao tempo de asueto cun 1-1 no marcador. Pero na segunda metade, chegou todo o que faltara durante a primeira e o equipo dirixido por Jorge Basanta dominou o encontro e ampliou distancias ata superar ao Ribamontán ao Mar CF por un marcador de 1-8, tralos goles de Inés Suárez, Martita, María Gómez (3), Zaida, Patri Curral e Yaiza.

 

CRÓNICAS DO  FSF

Novas do Futsal

Novas do FutFem

Comentarios