Venres. 19.04.2024
El tiempo

FSF: Finde de cor laranxa lonxe da casa

O Viaxes Amarelle sacou os 3 puntos en Pamplona
O Viaxes Amarelle, fóra da casa de azul, volveu cos 3 puntos en Pamplona
FSF: Finde de cor laranxa lonxe da casa

Non puido o Fisober co líder na súa casa, a onde viaxou cunha praga de baixas (Nuriña, Ana, Mai, Laura e Carre) e aínda así prantou cara cunha convocatoria chea de xogadoras infantís, pero dous goles antes do descanso fixéronlle demasiado dano. As costeiras deixan escapar ao propio Celanova a 8 puntos, pero manteñen intactas as súas posibilidades na máxima categoría autonómica.

Pola súa parte, o Amarelle Santa Comba, dirixido por Arturo Trillo, afrontaba a súa segunda saída da tempada coa visita á cancha dun dos favoritos a estar na zona nobre da competición provincial, o Villestro SD. As xalleiras optaron por unha defensa intensa en media cancha e intentar sorprender á contra; e a estratexia de xogo saír da mellor das formas. Só o Miegas, con 3 de 3, fica por diante das xalleiras.

Tamén lle tocaba viaxar ao Viaxes Amarelle de 2ª Nacional de Patri Romaní e Inés Suárez. As herculinas disputaban un partido moi serio en Pamplona, impoñéndose cun claro 0-5.

 

PREFERENTE, XORNADA 5

  • Resultado: TERRA DE CELANOVA F.S.F. – FISOBER F.S.F (7-2)
  • Fisober: Lía, Adriana, María Dumbría, Paula Fandiño, Kenny; tamén xogaron: Uxía, María Maroñas, Saray, Sharay.
  • Goles: 1-0, m.10 Vane, 2-0, m.19 Vane, 3-0, m.19 Vane; (descanso), 4-0, m.25 María López, 5-0, m.28 Cintia, 5-1, m.30 Kenny, 6-1, m.35 Vane, 6-2, m.36 Saray, 7-2, m.37 María López.

Kenny do Fisober FSF
Kenny 

Saltou ben o Fisober a pista con Paula Fandiño coma baluarte ofensivo neste inicio de partido, e ata tres perigosos tiros exteriores seu puxeron en moitos apuros a portería local. As locais tamén comezaron a desperezarse e tiveron unha boa ocasión pero toparon con Lía. Quen tamén tivo a oportunidade para adiantar as costeiras foi Kenny pero non foi quen de superar a porteira no un para un. O Celanova comezou a dominar o partido e froito diso mediada esta primeira metade adiantouse cun tiro cruzado que tocou o pau antes de entrar. Non se amedentrou o Fisober e cun tiro de falta de Paula Fandiño a piques estivo de igualar o encontro. Lía tamén tiña que aparecer para frear as locais.
E cando parecía que se ía chegar co resultado mínimo ao tempo de lecer chegaron dous goles consecutivos locais que fixeron moito dano as costeiras, e pasou ao cero a tres nun abrir e pechar de ollos co se foron a vestiarios, con Vane coma trigoleadora.

Arrancou a segunda metade cunha gran ocasión do Fisober entre Paula Fandiño e Uxía. Co paso dos minutos foi pesándolle máis o partido as costeiras ante o líder e comezou a acusar o esforzo. Chegando dous novos goles locais por parte de María López e de Cintia, e a pesar dos esforzos das visitantes o electrónico rexistraba unha goleada que significaba demasiado castigo para as do Fispber.

 

1ª Galicia Feminina, xornada 3

  • Resultado: Villestro SD - Amarelle Concello Santa Comba (0-4)
  • Amarelle Concello Santa Comba: Nerea, Ge, Carla Martínez, Nuria, Andrea (cinco inicial), Elsa, Carla Riomao, Tania, Violeta, Lucía Yu.
  • Goles: 0-1 Nuria (min.9); 0-2 Carla Riomao (min.14); 0-3 Nuria (min.23); 0-4 Carla Martínez (min.33).

Porteira do Amarelle Santa Comba
A meta xalleira do Amarelle Santa Comba

Na primeira parte, as xalleiras optaban por deixar xogar o balón ao seu rival e esperar en media cancha para exercer unha presión nese punto; e con esta estratexia as locais non eran capaces de entrar con claridade para xerar perigo. Pola súa banda as visitantes, aproveitaban unha xogada de córner para que Nuria, que recibía en saque curto, puxese o esférico cun potente disparo exterior ao fondo da rede, e chegase deste xeito o 0-1 ao marcador aos nove minutos de xogo. As xalleiras estaban cómodas co seu xogo facían o segundo no ecuador do primeiro tempo e o terceiro ao fío do descanso.

Na reanudación, o partido seguía unha dinámica similar á da primeira metade cun cadro xalleiro buscando sorprender á contra; e desta mesma forma chegaba o 0-4, tras unha recuperación de Nuria, que cedía o pase a Carla Martínez; para que esta última puxese o cuarto gol do Amarelle Concello de Santa Comba aos oito minutos de xogo. Con vantaxe, as xalleiras ralentizaron o xogo e aguantaron as embesidas locais.

 

2ª DIVISIÓN NACIONAL, GR.1, XORNADA 4

  • Resultado: Osasuna Lacturale Orvina - Viaxes Amarelle FSF (0-5)
  • Viaxes Amarelle FSF: Sandra, Inés Suárez, Patri Romaní, Reneé, Irune Santesteban (cinco inicial), Martita, María Gómez, Patri Curral, Yaiza, Zaida, Mónica, Tami.
  • Goles: 0-1 Martita (min.4); 0-2 Irune Santesteban (min.17); 0-3 Patri Curral (min.23); 0-4 Irati (propia porta) (min.33); 0-5 Tami (min.38).

Viaxes Amarelle en Pamplona 1

O partido empezaba cun Viaxes Amarelle FSF metido no partido desde o primeiro minuto de xogo, cunha presión alta sobre un rival, que optaba por unha defensa a media cancha. Tralas primeiras ocasións erradas, as herculinas conseguían adiantarse no marcador aos catro minutos de xogo; cando María Gómez recibía un balón a pivot e daba o pase ao segundo pau, onde Martita finalizaba para sumar o 0-1. Con este tanto, as galegas non baixaron a intensidade, pero si que lles valeu para coller máis confianza, nun partido que se ía igualando por momentos, cun Osasuna Lacturale Orvina que non decaía na súa intención de igualar a contenda. Así se foron aos vestiarios.

Na reanudación, o encontro continuaba cunha dinámica similar á da primeira metade, e aos tres minutos de xogo Patri Curral poñía o 0-3 no marcador, tras aproveitar o rexeite dun disparo inicial de Irune Santesteban tras unha boa xogada por banda. A vantaxe no marcador cada vez era máis clara, pero ningún dos dous equipos baixaba intensidade, nin ritmo de partido; e ademais resaltar a lesión de Sandra nesta segunda metade, e onde Tami tivo que debutar na portería herculina esta tempada.

 

Crónicas do  FSF

Novas do Futsal

Novas do FutFem

Comentarios