Xoves. 28.03.2024
El tiempo

FSF: Fontenla acolleu unha cita copeira de altura mentres o Villa de Cee non puido evitar o descenso

FSF: Fontenla acolleu unha cita copeira de altura mentres o Villa de Cee non puido evitar o descenso
Ed Poio Pescamar Campion da Copa Galicia Infantil Ed Poio Pescamar Campion da Copa Galicia Infantil ceebrada en Fontenla

A actualidade da fin de semana no fútbol sala feminino veu marcada pola final a catro da Copa Galega Infantil Feminina que acollía o pavillón de Fontenla. Non puido o cadro do Viaxes Amarelle meterse na final ao caer por 3-1 ante o ED Poio Pescamar, que a posteri quedou campión ao vencer 0-1 ao Error! Ferrol A Fervenza na finalísima.

Boa expectación en Fontenla para un campionato de nivel autonómico que chegaba á vila xalleira gracias ao compromiso do Concello de Santa Comba e do Viaxes.

A concelleira Silvia Cancela entregando os trofeos da Copa Infantil A concelleira Silvia Cancela entregando os trofeos da Copa Infantil

Polo demais, a mala nova da fin de semana foi a rúbrica do descenso do Villa de Cee masculino. O equipo ceés non puido superar ao Santiago Futsal B, nun novo choque con protagonismo arbitral, e confirmaron o seu descenso como antepenúltimos da categoría. Parecía que os costeiros poderían manterse en categoría nacional despois do ascenso do ano pasado, pero as arbitraxes pesaron demasiado.

Derrota do Villa de Cee Derrota do Villa de Cee que o destina ao descenso

Ademais, o Fisober segue desexando que remate a temporada, mentres na Copa 1ª Galicia, as xalleiras do Amarelle Concello de Santa Comba meten case pé e medio na final a catro tras impoñerse ao FC Meigas. Máis complicado o terán as pondalianas tras caer, a pesar de ir por diante ata os últimos minutos, ant o Culleredo.

 

2ª División Nacional, xornada 28

  • RESULTADO: FISOBER F.S.F. – A.D. ALCORCÓN F.S.F. “B” (0-9).
  • FISOBER: Lía, Ana, Taibo, Mai, Paula Fandiño ; tamén xogaron : Ainho, Andrea M. , Noe, Carla, Carre, Nuriña.

O conxunto madrileño foi un ciclón fronte as costeiras e amosou as razón polas que vai líder con tan só unha derrota en toda a tempada. O Fisober aguantou o resultado e o tirón físico na primeira metade, incluso Noe tivo un man a man con cero a cero no electrónico para adiantar as costeiras nunha contra das locais.
Pero na segunda metade despois do paso polos vestiarios o líder mostrou o seu potencial anotador e levouse con claridade o partido e ten o título xa a tiro de pedra. O próximo partido será o vindeiro xoves día das Letras Galegas adiantando o derbi fronte ao Fisgón F.S. nunha data tan sinalada, en Marín no P. de A Raña, no que será a último viaxe da tempada, nun fin de semana no que terán partido o filial dentro da Copa de Primeira Galicia en Dumbría fronte ao Meigas e o campeonato provincial o equipo infantil en Irixoa o sábado.

Carre co Fisober  

3ª Galega

  • Resultado: FSF VIlla de Cee - Santiago Futsal B (5-8)
  • FSF Villa de Cee: Bruno, Santi, Pablo, MIguelón, Javi; José Ángel, Angelito e Aitor.

Dura derrota do Villa de Cee na casa, de novo cunha polémica arbitraxe, que leva ao Villa de volta á Preferente Galicia.

Imaxes do Choque o Villa de Cee Imaxes do choque o Villa de Cee  

Copa Primeira Galicia Feminina, Grupo 1, x.3

  • Resultado: FC Meigas - Amarelle Concello Santa Comba (1-3)
  • Amarelle Concello Santa Comba: Nerea, Lucía, Ge, Nuria, Leticia (cinco inicial), Tania, Paula, Violeta.
  • Goles: 0-1 Nuria (min. 17); 0-2 Lucía (min. 27); 1-2 Teresa (min. 28); 1-3 Leticia (min. 31).

O Amarelle Concello Santa Comba, dirixido por Suso Yanes, mete pé e medio na final a catro da Copa de Primeira Galicia Feminina da Coruña tras impoñerse nun partido disputado, a pesar das baixas. Na primeira parte, o partido empezaba cun cadro xalleiro que quería ter o balón, pero non xeraba o suficiente perigo para adiantarse no marcador e os minutos corrían en contra, sen que o marcador alterásese para ningunha das dúas escuadras, ata que a falta de tres minutos para o tempo de asueto, Nuria conseguía poñer por diante ás xalleiras. E co marcador de 0-1 ambas escuadras retiráronse ao tempo de descanso.

Na reanudación, o conxunto xalleiro buscaba ampliar a distancia e asegurar tres puntos importantes para asegurarse o pase á final a catro da competición de Copa, e así chegaría aos sete minutos de xogo o 0-2, transformado por Lucía. Pero o conxunto local reaccionaba rápido e Teresa recortaba distancias no marcador poñendo o 1-2. Aínda quedaba moito partido por diante e a escuadra visitante non quería arriscar cunha vantaxe mínima e pouco logo da medianía do periodo, Leticia conseguía ampliar distancias no marcado anotando o 1-3. Aínda quedaba moito tempo por diante para o final do tempo reglamentario e a loita seguía sobre a cancha. O marcador permaneceu inalterable no que quedou de tempo e os tres puntos viñéronse para Santa Comba, pero a nota negativa foi a expulsión de Nuria a falta de pouco máis de minuto e medio para o final do partido.

 

Copa Primeira Galicia Feminina, Grupo 1, x.3

  • Resultado: Concello de Ponteceso FSF - Sport Sala Culleredo FS (3-4).
  • AD VILA DE PONDAL - CONCELLO DE PONTECESO FSF: Aroa, Ana, Martina, Alba e Vero - tamén xogaron - Nuria, Saray e Uxía.<(li>
  • Goles: Alba (2) e Vero; Mery, Begoña e Ángela (2).
Ponteceso FSF Ponteceso FSF

Bonito encontro o visto a tarde do sábado en Ponteceso, entre dous grandes equipos que quedaron na zona alta da 1ª Galicia. Comezaba con respecto mutuo pero pouco a pouco foron abríndose claros nas defensas. Adiantábase as de Curro por dúas veces pero as herculinas conseguían empatar deixando o 2-2 ao descanso.

O Culleredo íase asentando máis na segunda, pero era Alba a que volvía poñer por diante ás pondalianas. As visitantes metíanse a xogo de 5 e a falta de 3 minutos conseguían empatar outra vez o encontro. Non pasaría nin un minuto cando, coa presión arriba e tras varios erros dentro da área, Ángela lograba rematar e poñer por primeira vez ó seu con vantaxe, deixando un 3-4 co que remataba o choque.

Máis información

 

Crónicas da tempada

Novas relacionadas

 

Fonte

Comentarios