Xoves. 28.03.2024
El tiempo

FSF: Gol camellán e vitoria na máxima categoría

FSF: Gol camellán e vitoria na máxima categoría

A camella Ines Suarez marcou un importante gol co Viaxes Amarelle A camellá Inés Suárez marcou un importante gol co Viaxes Amarelle

Remataba a primeira volta da Preferente o Fisober no Conco, e volveu atoparse ca falla de puntería o que lle privou de levarse os tres puntos nun partido moi disputado no que a sorte lle foi esquiva novamente.

Na 1ª Galicia, importante vitoria do Amarelle Santa Comba ante o Troula Betanzos, un dos rivais directos, polo que as xalleiras afianzan o seu liderato, mantendo 6 puntos de vantaxe sobre o 2º clasificado, o 5Coruña. Un cadro herculino que goleaba ao filial do Fisober.
Non tiveron sorte as esteiranas do Atletes que caeron pola mínima en Vedra nun choque directo que permite escapar ás do Ulla.

Ademias, entre as boas novas tamén está a Viaxes Amarelle FSF empeza o ano 2019 cunha importante vitoria fronte a un rival directo, o Guadalcacín FSF, ademais cun feliz tanto da nosa camellá Inés Suárez. Con estes puntos as herculinas ascenden ata a 12ª praza, con pouca marxe, iso si, sobre os 3 últimos postos de descenso.

Preferente, xornada 15

  • Resultado: FISOBER F.S.F. – E.D.M. SALCEDA (2-2).
  • FISOBER: Lía, Ana, Paula Fandiño, Noe, Barca; tamén xogaron: Kenny, Mai, Carre, Adriana, María Dumbría.
  • Goles: 1-0 min 4 Mai, 1-1 min 17 Bárbara, (descanso) , 1-2 min 23 Marta, 2-2 min 37 Paula Fandiño.

As xogadoras do Fisober celebrando un tanto As xogadoras do Fisober celebrando un tanto

Arrancaba o partido con dous equipos que non querían arriscar en exceso e pensando máis na defensa que no ataque. Aos tres minutos tiña a primeiro ocasión Barca para as locais pero non foi quen de acertar. Quen si acertou foi Mai un minuto despois aproveitando un rápido saque de banda de Ana para definir con maestría e poñer as costeiras por diante. As visitantes tiñan poucas ocasión pero moi claras e mediada a primeira metade tiña que aparecer Lía para nun man a man evitar a igualada. Barca volvía avisar por dúas veces, e Kenny tampouco era quen de definir, e da que puido ter sido a sentenza, no treito final do primeiro tempo o Salceda empataba aproveitando un erro local. Aínda tivo María de Dumbría unha gran ocasións que salvaron a visitantes baixo paus.

Na segunda o Salceda se colocaba por diante facendo moito dano ás costeiras, que tardaron en reaccionar e ben puideron ter perdido aí o partido. Pero se recompuxeron e comezaron a apretar. María Dumbría e Paula Fandiño avisaban, se ben á contra mandaban ata un balón ao pau. Nos últimos minutos tocaron arrebato as costeiras na busca dalgún punto que tanto merecían, gozando de dúas moi boas ocasións Barca pero parece que o gol segue pelexado con ela. Quen si anotou por fin foi Paula Fandiño a pouco máis de dous minutos do fin cun lanzamento lonxano. Pretendían máis as locais e de novo Barca tiña unha boa ocasión que non aproveitaba para adiantar as súas. Aínda no últimos segundos puideron levarse os tres puntos as costeiras primeiro cun cabezazo de Ana a trece segundos do fin e logo nunha contra que se quedou sen tempo para tirar.

1ª Galicia Senior Femenina, xornada 11

  • Resultado: Amarelle Concello Santa Comba - Troula Betanzos FSF (5-0)
  • Amarelle Concello Santa Comba: Nerea, Alba, Ge, Carla, Nuria (cinco inicial), Sandra, Andrea, Tania, Paula, Violeta, Leticia.
  • Goles: 1-0 Nuria (min. 3); 2-0 Nuria (min. 28); 3-0 Sandra (min. 40); 4-0 Carla (min. 45); 5-0 Nuria (min. 49).

O Amarelle Concello Santa Comba, dirixido por Suso Yanes, faise un pouco máis líder da Primeira Galicia Feminina Grupo A Coruña logo de impoñerse con contundencia fronte a un dos rivais directos na competición provincial. As xalleiras adiantábanse pronto, pero logo tardaron en atopar o gol e finiquitar o partido, o que non chegou ata a segunda parte; cando xa ampliaron a renda e sumaron tres puntos grazas a un marcador de 5-0. Na primeira parte, o equipo xalleiro empezaba a xerar ocasións de gol, e rápidamente conseguía poñerse por diante cun tanto anotado por Nuria aos tres minutos de gol. Tras este tanto inicial, o partido iríase templando e non habería demasiadas ocasións para ningún dos equipos; transcorrendo o xogo na zona central da cancha. Malia que as locais non eran capaces de atoparse para facer gol, as visitantes tampouco xeraban ningún perigo sobre a portería xalleira; e o partido terminaría por irse ao descanso co parcial de 1-0 a favor. Na reanudación, o Amarelle Concello de Santa Comba empezou a atoparse coa súa mellor cara, co equipo máis metido no partido, e así foi como aos tres minutos chegaría un novo tanto de Nuria, e poñería o 2-0 no marcador. O partido parecía que collía unha clara cor laranxa e a dez minutos do final Sandra conseguía ampliar distancias ata o 3-0. O partido estaba roto, e as xalleiras tiñan o dominio claro do encontro; e cun disparo de doce metros Carla conseguía bater a portería contraria e poñer o 4-0 no marcador. As visitantes intentaban crear perigo, pero apenas chegaban sobre a portería defendida por Nerea; e o partido quedaría finiquitado a menos dun minuto do final cun novo gol de Nuria; que poñía o 5-0 final no marcador xeral, e un hat-trick para a súa conta particular.

O sábado 19 de xaneiro de 2019 no Pabellón Municipal de Esteiro (Muros), a partir das 19:00 horas as xalleiras visitan ao AD Atletes.

1ª Galicia Senior Femenina, xornada 11

  • Resultado: FISOBER B – ACADEMIA RED BLUE 5 CORUÑA (1-7)
  • FISOBER B: Naira, Saray, Andrea, Uxía, Sharay; tamén xogaron : María Maroñas, Serena, Nerea, Lucía Martínez.
  • Goles: 0-1 min 8 Sandra, 0-2 min 14 Patri, 1-2 min 16 Saray, 1-3 min 24 Alba, 1-4 min 24 Leny; (descanso), 1-5 min 40 Mel, 1-6 min 45 Mel, 1-7 min 47 Nerea.

Choque do Fisober B ante o 5Coruna Choque do Fisober B ante o 5Coruna

O 5 Coruña aplicou a súa experiencia e foi moi superior ao filial costeiro que partía con cinco infantiles e dúas cadetes na convocatoria e no que debutaba co Fisober B a infantil Nerea Súarez. Saían cunha forte presión e moi enchufadas as xogadoras herculinas o que as fixo moi perigosas xa dende o inicio. Metíanse 0-2, pero o filial metíase no partido, recurtaba por medio de Saray e apretaba. Aparecían boas ocasións aos seis e sete minutos con sendos envios aos paus por medio de Ana e a fisterrana Leny. E cando parecía que se ía chegar con ese resultado ao tempo de lecer dous goles nos últimos segundos da primeira metade mataron definitivamente o partido.

A segunda metade foi de trámite.

1ª Galicia Senior Femenina, xornada 11

  • Resultado: Ulla Oil Vedra F.S.F. - A.D. Athletés (3-2)
  • A.D. Atletes FSF: Julia (P); Mari; Cris (1); Saray; Laura; Antía; Ana; Sara D; Ainoa (1).
  • Goles: 1-0, m.6: Vero; 1-1, m.7: Ainoa; 2-1, m.17: Vero; 3-1, m.30: Irene; 3-2, m.32: Cris.

O Athletés conscente da importancia dos puntos en disputa, saía a xogar retraído na súa área, dándolle a iniciativa o equipo de Vedra. O equipo local non conseguía crear perigo na porta das esteirás, que sí que saían e conseguían chegar á contra á meta local por medio de Ainoa, moi activa toda a mañá, e Laura. Así pasaron os 6 primeiros minutos ata que un erro no control deixa a Vero soa para que abra o marcador para as locais. A reacción inmediatas do Athletés daba como froito que os trinta segundos, Ainoa, nunha extraordinaria galopada, conseguía o empate para as visitantes.

O Athletés seguía defendendo no seu campo, sen deixar de amedrentar a porteira local a través de Laura e Ainoa, ata que no minuto 17, nun saque de banda, Verónica, de novo, despois de pasar o balón por entre as pernas de dúas defensoras das esteiranas entre mansamente na porta das visitantes, chegando ata o descanso co resultado de dos a un a favor do Vedra.

Na segunda metade, seguía a mesma tónica, co Athletés xogando na súa pista e o Vedra intentando atacar, pero sen crear demasiado perigo. Nun saque de esquina, Irene lanza un disparo que se cola polo ángulo esquerdo de Julia, establecendo o tres a un para o Vedra.

A partir de aquí as visitantes acosan a portería do Vedra, creando certo perigo, pero sin definición, o que fai que as de Vedra sigan mantendo o marcador o seu favor. Chegado o minuto 32 nunha melee na porta do Vedra, Cris aproveita que lle chega o balón e de tiro cruzado abre de novo o partido, que se volve animar. O Athletés volcase sobre a porta do Vedra, creando tres ocasións claras de gol, pero a falta de acerto, sobre todo de Antía e Ainoa, ante a portería do Vedra, fai que marcador non se modifique has o resultado final de tres a dous para as locais.

Liga Foro 16 Feminismom xornada 14

  • Resultado: Viaxes Amarelle FSF - Guadalcacín FSF (2-0)
  • Viaxes Amarelle FSF: Carmen, Patri, Iraia, María Gómez, Martita (cinco inicial), Reneé, Irune, Inés Suárez, Marta Hermo.
  • Goles: 1-0 Martita (min. 18); 2-0 Inés Suárez (min. 20).

O Viaxes Amarelle FSF, dirixido por Jorge Basanta, comeza o ano 2019 dunha forma excepcional, grazas a unha importante vitoria fronte a un rival directo; as xogadoras herculinas recibían a visita da súa máis inmediato perseguidor na loita pola permanencia, o Guadalcacín FSF. As pupilas de Jorge Basanta disputaron un partido igualado, e conseguiron unha vitoria, que ao final soubo a que puido facerse algo máis; pero aínda así tres puntos importantes, tras superar ao seu rival por un marcador de 2-0.

O segundo gol da camellá Inés fai as delicias do futbol costeiro.

Xogadoras do Amarelle celebrando o gol de Ines Suarez Xogadoras do Amarelle celebrando o gol de Inés  

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/futfem-comezo-de-ano-dispar-para-os-dous-equipos-costeiros/

Toda a info do Fútbol FSF costeiro

https://quepasanacosta.gal/fsf-amarelle-santa-comba-e-atletes-comezan-o-2019-con-vitorias-in-extremis/

Comentarios