Venres. 29.03.2024
El tiempo

FSF: O Fisober trasládase a Dumbría mentres chegan as finais de Copa

FSF: O Fisober trasládase a Dumbría mentres chegan as finais de Copa
O Fisober trasladase a Dumbria onde xa ten xogado O Fisober trasladase a Dumbria onde xa ten xogado esta campaña

Semana axitada esta para o Fútbol Sala Feminino. Con aínda varias competicións copeiras en xogo, con partidos "internacionais" con presencia costeira, recibimos a nova de que "a directiva do Clube Fisober FSF, despois de estudiar a situación debidamente, e sempre coa intención de mellorar e crecer como Clube, acordou trasladar a sede do equipo ó Concello de Dumbria, onde a vindeira tempada realizará os adestramentos e disputara os partidos como local".

Así llo anunciaba nunha carta a directiva, lembrando que "como o seu nome indica, Fisober é un equipo comarcal, e consideramos que Dumbria por instalacións e polo seu apoio o deporte, é o Concello idóneo para medrar, e seguir sendo o equipo de fútbol sala feminino referente na Costa da Morte".
A entidade marcha así da vila soneirá agradecendo o apoio municipal durante todos estes anos, "ó grupo de goberno, ó Técnico de Deportes Victor Santos, así como ós conserxes dos Polideportivos de Vimianzo e Baiñas".

O equipo sénior, despois de colocarse entre o póker galego, prepara xa a Final da Copa Autonómica, unha final a 4 que se celebrará en Moaña esta fin de semana ante Bembrive, Poio e Moaña.

 

Unha costeira ca Selección Galega

A infantil Nurina e a xuvenil Laura son irmas A infantil Nuriña, ca súa irmán aa xuvenil Laura, foi ca selección galega

Fantástica a experiencia da camellá Nuriña, xogadora do Fisober, no Campionato de España de Seleccións Infantil competindo coa Irmandiña.

 

As Alevíns do Fisober, subcampionas

As Alevins do Fisober As Alevins do Fisober

O equipo alevín do Fisober F.S.F. quedou finalmente no 2º posto do Campionato Provincial alevín disputado a modo de triangular entre as costeiras, o Viaxes Amarelle e o anfitrión Comarcal A Fervenza este domingo día 29 no Pavillón Municipal As Lagoas de Narón. Unha derrota e un empate déronlle ese segundo posto xa que a pesares de perder as dúas tandas de penaltis disputadas esas solo contabilizaban en caso de empate a todo, e por diferenza de goles o Fisober acadou o segundo posto.

O equipo que viaxou a Narón estaba composto por : Ana Rodríguez ( porteir) , Sharay Caamaño, Saray Duarte, Uxía Lma, Ana Rodríguez, Lara Sar, María Villaverde “Keny”, Andrea Méndez e Ruth Muíño.

 

Fase Final da Copa Provincial en Cee

fsf

Cee acolle esta fin de semana a Fase Final da Copa Provincial masculina e Feminina de FS. Este sábado o pavillòn ceense terá un ambientazo fantástico paara ver, pola mañá as semifinais e pola tarde as finalísimas, nas que esperemos estean os equipos locais.

Arrincarán as chicas ás 11:00h ante o 5Coruña, equipo que derrotaba esta pasada semana ao Ponteceso FSF nun partido intenso. Un choque no que, a pesar de levar iniciativa, o cadro pontecesán non puido remachar. As de Curro pelexaron ata o final, pero os goles de Sandra e Carla, e o empate a 2 colleitado na Coruña non chegou polo resultado da ida.

Así, as ceenses terán que eliminar ás herculinas e esperar rival na final (ás 18:00h) entre o Santiago Futsal A Gaiola e o Grupo Work.

Os mozos terán a semifinal ás 13:30h ante O Parrulo. A final será ás 19:30h.

 

Crónicas da temporada

Outras novas do FSF

Fonte

Comentarios