Martes. 16.04.2024
El tiempo

FSF: Vitoria de corazón

FSF: Vitoria de corazón

Ana adicando os seus goles co Fisober Ana adicou os seus goles co Fisober con todo corazón Por fin chegou a primeira vitoria do Fisober neste 2019, e fíxoo nun partido na Coruña ante o Viaxes Amarelle B, moi disputado e no que un dobrete de Ana trouxo os puntos cara a Costa neste derbi provincial. Xa na 1ª, só hai boas novas en clave laranxa para variar, pois o filial do Fisober e Atletes caían. Pola contra o Amarelle Concello Santa Comba acumula xa a súa sexta vitoria consecutiva na Primeira Galicia Feminina FS logo de impoñerse como local, fronte a un complicado Ulla Oil Vedra FSF.  

Preferente, xornada 17

  • Resultado: Viaxes Amarelle FSF B - Fisober FSF (0-2)
  • FISOBER: Lía, Adriana, Paula Fandiño, Ana, Kenny ; tamén xogaron : Mai, Carre, Nuriña, Laura.
  • GOLES: 0-1 min 18 Ana, (descanso), 0-2 min 36 Ana.

O guión dende o inicio foi moi claro as herculinas co balón e un Fisober ben colocado no seu campo na busqueda do roubo e a contra. E así se decidiu o partido. Con ese guión ían pasando os minutos sen ocasións moi claras para ningún dos dous equipos. Quizais a mellor ocasión foi visitante cun man a man de Kenny que non foi quen de acertar ante a porteira local. E cando parecía que se ía chegar co resultado gafas a o tempo de lecer un roubo e unha contra finiquitada pola capitana visitante Ana poñía en vantaxe as costeiras e daba un pulo ao seu traballo para a segunda metade. A volta de vestiarios quizais se intensificou o dominio local e nesta segunda metade chegaron con máis claridade, crecendo o traballo defensivo costeiro e a súa porteira. Sobre todo cando as herculinas decidiron sacar o xogo de cinco. Co xogo de cinco chegaban boas casións por ambos conxuntos. A visitante Adriana estivo a piques de dar máis vantaxe as costeiras pero non foi quen de acertar. Quen si voltou acertar foi de novo a capitana costeira Ana que firmaba o seu dobrete despois dun roubo e cun lanzamento lonxano poñendo máis terra de por medio. E a piques estivo de logar un terceiro para o seu hattrick particular pero o seu lanzamento foise fora por pouco. Fran Toba celebra coas rapazas a vitoria do Fisober Fran Toba celebra coas rapazas a vitoria do Fisober  

1ª Galicia Senior Femenina, xornada 13

  • Resultado: Villestro, S. D. - A.D. Athletés (11-3)
  • A.D. Atletes FSF: Laura (P); Mari (1); Cris; Saray; Martina; Julia; Antía (2); Ana; Sara.

Partido xogado con cronómetro manual. Nin os técnicos do pabellón de Roxos, nin os colexiados deron co manexo do marcador. As de Villestro conscentes da súa superioridade saían dominadoras do partido. O Athletés xogaba rezagado, pero as locais puco a pouco van arrinconando cada vez máis ás de Esteiro. Así no minuto 3,50, Aurora marca o primeiro gol para as de Villestro. Sigue o dominio do Villestro hasta que tres minutos mais tarde, Carla, unha das figuras do Villestro pon o dous a cero para as locais. O Athletés non se encontra na pista, e os goles ían caendo a favor das locais. Na segunda metade as esteirás cambian de táctica, salen da súa área, marcan individualmente as locais, sobre todo a Carla e a Lidia, as destacadas do Villestro, é en principio dalles resultado. O medio minuto do comenzo, en unha xogada maxistral de Antía, a mellor das visitantes, marca o primeiro gol do Athletés. Pasados cinco minutos, unha falta na metade do campo das locais, Antía en un tiro espectacular, mete o segundo gol pola mesma escuadra da porta de Belén. As esteiranas anímanse, fanse dominadoras do partido, e tras tres minutos mais tarde, Marí, outra das destacadas das visitantes, en unha gran xogada pola dereita con un tiro cruzado, marca o terceiro gol para o Athletés. As de Esteiro collen confianza pero a euforia dúralles pouco, xa que Raquel volve a marcar para as visitantes, e a partir de aquí as locais, por medio de Lidia fanse co partido, marcando, con posterioridade tres goles mais Lidia, convirtíndose na figura indiscutible do partido.  

1ª Galicia Senior Femenina, xornada 13

  • Resultado: Amarelle Concello de Santa Comba - Ulla Oil Vedra FSF (7-0)
  • Amarelle Concello Santa Comba: Nerea, Sandra, Violeta, Ge, Nuria (cinco inicial), Paula, Carla, Alba, Leti, Andrea, Elsa, Aroa.
  • Goles: 1-0 Andrea (min. 11); 2-0 Elsa (min. 15); 3-0 Sandra (min. 29); 4-0 Andrea (min. 42); 5-0 Nuria (min. 43); 6-0 Natalia (propia porta) (min. 45); 7-0 Carla (min. 49).

As xalleiras tardaron en atoparse co gol, pero na segunda parte e xa no tramo final do partido conseguiron abrir distancia e conseguiron impoñerse por un contundente marcador de 7-0. Tardaron en romper a tea de araña visitante, e por iso o primeiro gol das xalleiras non chegou ata os once minutos de xogo, cando Andrea adiantou ao seu conxunto. Tras este gol, as locais pareceron crecer na cancha e rápido atopáronse co 2-0, transformado nesta ocasión por Elsa. Aínda quedaban dez minutos da primeira metade, pero o marcador permanecería inalterable, co parcial do 2-0. Na reanudación, o Amarelle Concello de Santa Comba conseguía un rápido gol ao comezo e a cousa foi máis doada.

1ª Galicia Senior Femenina, xornada 13

  • Resultado: FISOBER B – TROULA (0-4.).
  • FISOBER B: Naira, Saray , María Maroñas, Kenny, Sharay ; tamén xogaron : Nerea, Serena, Uxía, Lucía Martínez, Andrea, Myre.

Arrancou moi forte o Troula creando ocasións ante unha Naira inspirada. Namentras para o filial Kenny era a xogadora máis incisiva. Despois dunha boa ocasión visitante nun saque de banda , a contra local por medio de Kenny cun pase a Uxía era desbaratada pola porteira visitante. E novamente despois desta vez dun saque de esquina visitante outra gran ocasión con actuación de Naira que lanza a contra e novamente Uxía que tiña unha gran ocasión. Foron os mellores momentos do filial cunha Saray que creaba moito perigo. Pero cando quedaban dous minutos para finalizar a primeira metade nunha contra a sorte era esquiva co filial e Saray facía o primeiro para as betanceiras en propia porta. E case sen asimilar o primeiro gol visitante chegaba o segundo obra de Andrea Amil. Na volta dos vestiarios apretaba máis o Troula e Serena tiña a primeira ocasión do filial na segunda metade. E de novo o comezo desta segunda metade chegaban dous goles case seguidos para o Troula que practicamente mataba o partido co cero a catro. As opcións do filial eran a contra, primeiro para Uxía novamente, despois para Kenny e finalmente de novo Uxía. A vindeira semana o cadro costeiro visita ao Atletes de Esteiro no que será un derbi costeiro. Anabel e Myre

Liga Foro 16 Feminismo, xornada 16

  • Resultado: Pescados Rubén Burela FSF - Viaxes Amarelle FSF (4-0)
  • Viaxes Amarelle FSF: Aida Yáñez, Martita, María Gómez, Iraia, Irune (cinco inicial), Reneé, Inés Suárez, Patri, Mónica.
  • Goles: 1-0 Peque (min. 5); 2-0 Dany (min. 14); 3-0 Peque (min. 17); 4-0 Cilene (min. 17).

Unha malísima primeira metade sentenciou as herculinas, nas que participaron con discreción, como todo o equipo, a capi muxiá Patri Romaní e a camellá Inés Suárez, ambas dende o banco. Inés co Viaxes ante o Burela

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/fsf-so-brilla-o-laranxa/ “FutFem: Prantando cara ao líder, ascendendo posicións e… preparando a #CopadaCosta Feminina” — Que pasa na costa

Comentarios