Martes. 23.04.2024
El tiempo

Volei, ciclismo, política municipal, fútbol e igualdade nunha nova semana dos #DirectosQPC

Plan DirectosQPC semana 25 maio 2020
Volei, ciclismo, política municipal, fútbol e igualdade nunha nova semana dos #DirectosQPC

Comeza unha nova semana este luns 25 de maio, e queremos seguir mantendo o pulso da actualidade co novo formato de entrevistas e faladoiros en crú, a través de Zoom, en directo a través da páxina de Facebook Que pasa na Costa (e posteriormente subidos ao Youtube e ao diario).

Este luns arrincaremos en clave deportiva, dende Dumbría, con César Ferrío, porque a actualidade manda e temos que falar de Fútbol, de Volei, e tamén de ciclismo.

O martes volveremos a Dumbría para tratar outros asuntos de materia máis económica, da man do alcalde, José Manuel Pequeño, nesta rolda de alcaldes e alcaldesas que trata de ollar ao futuro, vendo como os concellos poden axudar a paliar a crise.

O mércores teremos doble cita. Ás 15:00h pecharemos as sesións arredor do Proxecto Educativo en tempos de crise do IES Maximino Romero de Lema cun novo Faladoiro sobre Orientación Universitaria da man de vari@s ex alumn@s.
Pero ademais, ás 20:00h, teremos faladoiro futboleiro para coñecer que decide a RFGF sobre os ascensos. Falaremos con varios dos equipos implicados en ascensos e promocións. Unha cita que se podería trasladar ao xoves se o Comité de Competición non resolve o asunto ata xoves.

O xoves viaxaremos ata Muros para falar coa alcaldesa Inés Monteagudo.

E o venres volve Paula Castiñeira con Patricia Vaquero e un faladoiro en materia de igualdade con varias representantes dos colectivos feministas da Costa da Morte.

 

Rolda de alcaldes e alcaldesas nos DirectosQPC

Outros DirectosQPC

Comentarios