Venres. 29.03.2024
El tiempo

Futfem: Pleno de vitorias ollando ao máis alto... e á Copa

Bergantinos venceron na lama
As bravas Bergantiños venceron na lama e seguen na loita polo título e o ascenso
Futfem: Pleno de vitorias ollando ao máis alto... e á Copa

Cun ollo posto, despois do fermoso sorteo, na II Copa da Costa Feminina, e pensando xa en que o ano que vén pode que haia varios equipos máis en competición, esta foi unha moa xornada, unha vez máis, para as nosas 4 representantes no F11 feminino, e para Mazaricos na Liga de F7. Volvían tras 3 semanas de parón, e colleitaron un pleno de vitorias para as nosas, que se manteñen en posicións de privilexio.

No Gr.1 da 2ª División o Bergantiños conseguiu tres puntos de ouro para seguir o ronsel do ascenso a só tres puntos do líder.

No Gr.3, o UC Cee foi un vendabal en Santiago, e se mantén a só 4 puntos da segunda praza. Un pouco máis abaixo, na 5ª praza, atópase o cadro das Miúdas, que volvíab moi enchufadas á competición, vencían a un rival directo como Unión, que sufríu a maxia do Eleuterio Balayo e queda só cun punto de marxe sobre as costeiras.

O cadro mazaricán venceu a A Estrada e mantense nunha cómoda 6ª praza.

 

2ª División, Gr.3, xornada 18

  • Resultado: Victoria C - Cee (0-7)
  • Goles: 0-1: Canosa; 0-2: Canosa; (descanso); 0-3: Duarte; 0-4: Andrea; 0-5: Duarte; 0-6: Martínez; 0-7: Andrea
“Vendaval de fútbol ceense. Sentou ben o parón ligueiro ás de Rafa Suárez, pois nunha tarde desapacible fixeron un dos mellores partidos da tempada pasando por riba dun bo rival que non tivo a máis mínima opción de acercarse á portería costeira sendo Noemí unha espectadora máis do partido.

 

Adiantáronse as visitantes cun tiro de Canosa desde a frontal da área ó pouco de empezar e Nerea poido poñer o 0-2 nun remate de cabeza á saida dun córner que atallou a porteira cando cantabamos o gol.
Foi de novo Canosa cunha xogada individual na que regateu a tres rivais e resolveu nun man a man ca porteira.
A piques estivo Duarte de anotar o 0-3 antes do descanso cun gran tiro desde fóra da área pero de novo a porteira cunha gran estirada evitou o gol.

Na reanudación o partido sí atinou Duarte para o 0-3 nada máis comenzar e a partir de aí, Andrea por partida doble, de novo Duarte e Martínez completaron a goleada cun ritmo de xogo e calidade eloxiables.
A nota triste do partido foi a lesión de Nerea cun forte golpe no xeonllo dereito que tivo que ser sustituida na primeira metade pero que espermos que se recupere axiña.

 

2ª División, Gr.3, xornada 18

  • Resultado: As Miúdas - Unión (6-2)
  • As Miúdas: Adriana, Marcela, Paula, Martina, Antía, Laura, Leti, María, Gala, Ainoa e Pati. Tamén xogaron: Marta, Eva, Isa, Ana e Saray.
  • Goles: 1-0: Marcela de cabeza; 2-0: Leti (descanso); 3-0: Ainoa; 4-0: Ainoa; 5-0: Pati; 5-1; 6-1: Ainoa; 6-2.

AS Miidas contra o Union-Foto-Chema Caamano
As Miúdas contra o Unión-Foto-Chema Caamaño

A primeira parte foi de gran intensidade dende o primeiro minuto, pero o dominio da situación era local, cimentado nunha rocosa defensa e levando perigo de maneira constante dende a medular onde a presión se levaba para meter as rianxeiras en campo propio. O 1-0 viría de volta en xogada de estratexia, clave nesta temporada para as de Muros. Gala sacaría en longo sobre o segundo pau onde entra dende fora da area Marcela cun forte testarazo axustado á escuadra rival. Gala tentaría o seu gol favorito, dende o córner, pero o balón sae fora acariñando o segundo pau. Antía tamén probou o sabor da madeira estrelando dende lonxe o balón na mesma cruceta no que estaba sendo un vendaval ofensivo.
E sería Leti a que poría o 2-0 tras un roubo de Pati na presión sobre a zaga do Unión, o seu remate sae rexeitado pola porteira e Leti non perdona, minuto 38.
As visitantes apenas inquietaron a Adriana que estivo moi atenta a cada balón en longo que buscaba a Laura, pero a capi visitante atopou poucos ocos no orden defensivo local, e así se chegaba o tempo de lecer.

A volta de vestuarios foi en tromba polo bando das de Muros, especialmente nas botas de Ainoa, cambiou a sua posición para entrar dende a banda dereita e xa no minuto 3 do segundo acto fusilou cun rexeite dentro da area tras outro saque de esquina de Gala. Pouco tardou en chegar o 4-0, novamente gala no curruncho, Leti anticípase a sua marcadora cun bo testarazo, o balón queda morto e Ainoa, máis rápida que as defensoras volve a topar rede. O 5-0 tamén levou representación da de Outes, que se zafou na banda de 2 rivales e gañou liña de fondo nun gran sprint e cedeu para que Pati so tivera que empuxar libre de marca, minuto 56.

Só un minuto máis tarde Laura recurtaría distancias aproveitándose da relaxación das centrais muradás. E no minuto 62 Ainoa arrancou a moto desde campo propio e ningunha rival pudo evitar que se plantara ante a porteira para colocar por baixo o 6-1, facendo o seu triplete particular. E apiques estivo de facer o gol da temporada si un remate de “chilena” atopara os tres paus, pero saíu fora por pouco.

 AS Miidas contra o Union-Foto-Chema Caamano 2
As Miúdas contra o Unión-Foto-Chema Caamaño

2ª División, Gr.1, xornada 21

  • Resultado: Amistade Meiras - Bergantiños (0-1)
  • Gol: 0-1, m.9: en propia meta tras un córner lanzado por Noe Vimi.

Lama e pouco máis na vitoria do Bergantiños a domicilio ante o Meirás, nun campo de Santa Mariña en moi malas condicións. Aínda así os dous equipos puxéronse o mono de traballo e baixo unha intensa choiva.

Corría o minuto 9 e tras un córner botado por Vimi o balón rexéitao a porteira e tras un rexeite local o balón cóase na portería e subiría o 0-1 que ao cabo sería definitivo.

Pouco máis que contar salvo algunha chegada máis do Bergantiños que se adaptou ben ás condicións dun campo lamentable e de dous equipos que loitaron como gladiadoras.

Lamentar que o equipo local leve dous anos esperando por un campo en condicións, e que por iso teñan que xogar nese lamentable terreo e lonxe das súas casa.

 

Liga F7, Gr. Santiago, xornada 21

  • Resultado: Mazaricos - Estrada (3-2)
  • Goles: 0-1; 1-1: Graci; 2-1: Daniela; (descanso); 3-1: Graci; 3-2.

Mazaricos Feminino anta A Estrada

Partido no que comezaron as de José Ángel tendo o control do balón ante un Estrada moi ben repregado. Lucha puido abrir o marcador, tras un despexe, pero nunha chegada illada por banda as visitantes se metían por diante, cun gol que se cola entre as pernas de María P. De contado reaccionaron as amarelas e na seguinte xogada Graci tira dende fóra da área e o balón bate no pau. De seguido Graci tira de novo dende a frontal, esta vez si encontraría portería. As mazaricás seguían percutindo as ocasións e o control do xogo, e rematando a primeira parte Daniela consegue o 2-1 cunha xogada individual que remata cun tiro a base do poste. 

Na segunda parte seguía o partido igual, coas locais tendo as ocasións,  fortes en defensa, conseguindo que o Estrada non  crease perigo. Nos últimos 10 minutos Graci consegue o gol da tarde cun auténtico escuadrazo ao que a porteira da Estrada non poido facer nada. Gol que parecía que daba a tranquilidade pero de seguido conseguen recortar distancias cun fallo na marcaxe nun corner. Ao final tocou sufrir pero conseguiron o obxectivo.

Todas as crónicas do FutFem

Comentarios