Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Futfem: Só o Mazaricos salvou unha xornada marcada pola falta de acerto

Mazaricos femenino
Mazaricos femenino deu a alegría da semana
Futfem: Só o Mazaricos salvou unha xornada marcada pola falta de acerto

Malísima xornada para as nosas 3 representantes do fútbol 11 feminino. A falta de acerto das Cee, Miúdas e Bergantiños depararon tres derrotas, pola mínima, nos tres casos merecendo máis.
A derrota fai que as dúas de cabeza do Gr.3 escapen a Cee e As Miúdas, e algo semellante lle pasa ao Bergan no Gr.1

Só o Mazaricos sumou os tres puntos, e xa son 5 xornadas seguidas sen perder, para colocarse comodamente na media táboa.

2ª DIVISIÓN FEMININA, GR.3, XORNADA 10

  • Resultado: Santiso - Cee (4-3)

Partido cheo de imprecisións nun campo moi pequeno no que non houbo un dominador claro. Adiantáronse as de Rafa no minuto 20 nun balón ás costas da defensa rival que aproveita Canosa para batir á porteira de tiro cruzado. As locais empataron axiña nun córner e pouco despois adiantáronse nun tiro de fóra da área. Pero as costeiras conseguiron empatar cun golazo de Uxía de tiro lonxano para ir co 2-2 ao descanso.

Na segunda metade o partido seguiu na mesma dinámica, coas ceenses sen conseguir elaborar ben e elas acumulando moita xente no medio, presionando con intesidade e gañando todos os segundos balóns. Nun córner chegou o 3-2. Puideron empatar as ceenses nunha clarísima ocasión que Martínez , que non atinou a empuxar a un metro da liña e nun penalti lanzado por Canosa que parou a porteira. Pouco despois marcaron o 4-2 nun bo tiro de fóra da área. No minuto 80 de novo Canosa recurtou distancias e de novo tiveron as costeiras o empate nun tiro de Barreiro ó travesaño e posterior remate de Uxía de cabez que parou a porteira.

2ª DIVISIÓN FEMININA, GR.3, XORNADA 10

  • Resultado: As Miúdas - Arzúa (1-3)
  • As Miúdas: Adriana, Marcela, Paula, Isa, Antía, Martina, Laura, Leti, Gala, Ainoa e Pati. Tamén xogaron: María, Marta, Eva, Saray e Mariña.

As Miudas

Só o acerto cara a porta foi quen de resolver un encontro no que as locales tuveron máis e mellores ocasións ademáis do dominio do xogo. Moi entonadas as de Muros que nun gran arranque xa meterían na súa area ás arxuanas, Antía o pau, Pati o pau, Leti cabecea por riba do longueiro un córner que xa se celebraba e Gala soa na area pequena daríalle ó aire libre de marcas...

Martina tras un mal apoio tería que sair do campo no minuto 24 e as visitantes sacaron petróleo en superioridade numérica tras un man despexe de Antía que cae no borde da area e o remate bombeado de María José se cola por alto no primeiro achegamento con perigo das de Arzúa.
O gol dou vida as visitantes que se animaron con balóns ás costas da defensa e 10 minutos despois porían o 0-2 nunha boa xogada desde a banda dereita que Helena non perdonou, o partido ina de area a area Martina tería opción de recurtar diatancias pero o remate dende dentro da area saía desviado tras petar nunha zagueira, e antes do descanso un remate de Leti batería nas máns dunha defensora dentro da area, Antía non perdonaría dende os 11 metros para ir o descanso con 1-2.

Trala reanudación só un equipo quería xogar e buscar a área contraria, as visitantes esperaban en campo propio e tentaban buscar as extremos con balóns longos, pero apenas inquedaron a Adriana. Non deixaron de intentalo as Miúdas, pero nunhas veces a porteira de Arzúa e outras a falta de tino non permitirían puntuar, os minutos voaban en favor das segundas clasificadas que non dudaban en cortar o xogo con faltas e incluso coas mans, e facían lentas as voltas o xogo para gardar o resultado. Tamén Helena puido sentenciar tras zafarse de Antía que a agarrou pero non sacou probeito da vantaxe aplicada polo árbitro. E sin máis e con só 3 minutos de desconto morreron as intencións dunhas locais que propuxeron moito pero viron como os puntos voaron pola falta de acerto.

2ª DIVISIÓN FEMININA, GR.1, XORNADA 12

  • Resultado: Narón - Bergantiños (1-0)

Corría o minuto 6 e un centro chut de Marta se envenena e Lara non é quen de parar o balón. Non tardaba en reaccionar o Bergantiños que por medio de Isa, Alba e Vimi tiña tres accións moi claras para poñer o empate no electrónico e ata poñerse por diante pero non foron quen de bater á porteira local. No minuto 43 o equipo local tería a súa acción máis clara e única, tras un bo pase en profundidade que Lorena tras regatear a Lara non acerta a introducir o balón na portería visitante. Levábase ao descanso co 1-0 .

Tralo paso polos vestuarios, viuse un Bergantiños mellor e máis intenso, e proba diso é que dominou todo o segundo acto e facendo méritos para traerse algo positivo de Narón, o equipo de Carballo, pediu dous penaltis que o colexiado non veu. O Bergantiños achegouse moitísimo perigo á meta local pero non foi quen de bater á porteira rival, nin cunha actuación arbitral pésima. Acaba así o partido co 1-0 e con dous equipos que ofreceron un gran encontro, e demostraron o gran nivel destes dous conxuntos chamados a pelexar na zona alta da clasificación.
A próxima semana o Bergantiños recibe ao Torre nas Eiroas, o venres ás 10:30.

LIGA F7, GRUPO SANTIAGO, XORNADA 10

  • Resultado: Mazaricos CF - EFB Terra de Montes (5-0)

Superiores en todo momento as mazaricás, que xa abrían o marcador aos 2 minutos por medio de Tamara. Durante un treito as visitantes, baseadas nunha gran actuación da porteira, aguantaron as embestidas das amarelas, que se amosaban ademais moi seguras atrás. Pero á medida hora Iza facía o segundo en xogada individual regatenado a defensa e definindo moi ben.

Xa na segunda de novo Tamara e logo Graci deixaban sentenciazo o partido, para que Iza pechase a conta.

 

Novas do FutFem

NOVAS DO FSF

Comentarios