Xoves. 25.04.2024
El tiempo

FutFem: Xornada de boas sensacións

Mazaricos f8
O Mazaricos na Liga de F7
FutFem: Xornada de boas sensacións

Boa xornada en xeral para nosas nesta fin de semana. Desprazábase o equipo ceense a Vilagarcía para enfrontarse a Arousana B, e traer de volta 3 puntazos que as manteñen no podio, tras aguantar as embestidas nos últimos minutos das locais, e gracias a un gran esforzo físico e defensivo de todo o equipo.

Pola súa parte, as Miúdas sumaron unha agridoce e madurada vitoria con remontada, pero que outra semana máis teñen que ver como sofren baixas por lesión. Marta terá que repousar máis dun mes pero leva a dedicatoria das compañeiras.

Pola súa banda, o Bergantiños viviu unha xornada con gran ambiente nas Eiroas, para celebrar un partido de premonante cor “rojillo”, xa que o Bergantiños dominou de principio a fin, a relaxación a piques estivo de costarlle un disgusto pero souberon reaccionar a tempo as de Gueli, que fican na zona alta da táboa, a só 3 do liderato.

Na Liga F7, o Mazaricos sumana un novo punitño, e xa son 4, para ir saíndo da zona baixa.

2ª DIVISIÓN FEMININA, GR.3, XORNADA 4

  • Resultado: At. Arousana B - UC Cee (1-2)
  • Cee: Noemi, Lucía Sendón, Laura Garrote, Marta Sambade, Nerea, Lucía Canosa, Saray, Sharay, Lucía Barreiro, Uxía e Lucía Martínez. Tamén: Naira, Paula, Antía, Laura Blanco e Marta Lavandeira.
  • Goles: 0-1, m.10: en propia meta; 0-2, m.40: Sharay; 1-2, m.85.

Moi ordeadas dende o principio, as de Rafa pronto foron inclinando a balanza a favor, avisando en dúas xogadas a balón parado e con Lucía Canosa que tras xogada individual dispara rozando o pau. Foi o aviso previo ao gol, despois de que nun córner unha rival desviara o balón á sua portería. Uxía comezou a facer dano nas transicións, pero onde máis preto estivo do gol foi nun rexeite do largueiro que non chegou a rematar. Antes do descanso, Sharay controlaría un balón na área e tras un recorte á sua rival definiu perfectamente ao pau longo.
Así chegaríase ao descanso, cunhas visitantes moi sólidas que non deixaban xogar ás rivais con comodidade e que aproveitaban cada opción, cun gran esforzo de todo o equipo.

Mesmo esforzo que nunha segunda metade con menos fútbol e cos dous equipos aguantando o cansanzo do campo mollado. Tivo opción Lucía Martínez nun man a man de meter o terceiro pero a porteira desviouna a córner. E tras un balón solto, as locais preto do remate do partido conseguirían acurtar distancias no marcador.
Aínda lle dou tempo a Lucía Canosa de ser derribada cando se plantaba nun man a man para resolver, e de tirar dita falta por riba da portería.

2ª DIVISIÓN FEMININA, GR.3, XORNADA 4

  • Resultado: As Miúdas - Santiso (5-2)
  • As Miúdas: Adriana, Paula, Sofía, Antía, Isa, Laura, Leti, María, Marta, Ainoa e Pati. Tamén xogaron: Gala, Eva, Iria, Saray e Sabela.
  • Goles: 0-1, m.1; 1-1, m.36: Ainoa; 2-1, m.39: Ainoa; 3-1, m.50: Ainoa; 4-1, m.68: Ainoa; 4-2,m ,80; 5-2, m.90: Gala.

WhatsApp Image 2019-10-14 at 12.51.15Marta mancada cas Miudas

Arrancaba o partido mellor para as visitantes, que non desaproveitaron a rexación inicial das de Muros para facer o 0-1 tralas dudas na saída de Adriana que deixou o balón franco no borde sendo batida por baixo por Ana.
Co paso dos minutos as costeiras iban atopando onseu sitio no campo e lanzando algunha contra rápida para achegarse á portería dunha segura Cristina, a mellor ocasión tras un libre directo executado por Laura que a gardamallas bloca con oficio.
E no minuto 36 chegaría o empate, sería froito de ir madurando o encontro cando Ainoa sacaría o lastre que viña acumulando dende o arranque de temporada con mala sorte cara a portería, e con este primeiro desatouse o vendaval de Outes, 3 minutos despois do empate remataría cun fermoso testarazo un saque de curruncho ben botado por Laura para rubricar a remontada e marchar en vantaxe para os vestiarios nunha primeira metade de alternancia no dominio.

A volta das casetas unha Ainoa desatada entraría polo vértice da area evitando as envestidas das defensoras e batiu por baixo a Cristina no minuto 4 da segunda metade. As locales con unha marcha máis de intensidade nos balóns divididos tralo descanso, apenas deixaban ocos nas disputas presionando en campo rival e buscando polos extremos a Gala, que sustituía a Marta que se mancou no quecemento cun forte golpe na cara, causando baixa que esta por determinar, e polo outro extremo a Ainoa, que lonxe de conformarse co triplete atopou o seu póker particular o finalizar con contundencia un balón de Antía ás costas da zaga.
As visitantes tampouco tiraban a toalla e con moita brega chegaban ás inmediacións da area de Adriana que nesta segunda parte se mostrou segura e contundente, para manter a vitoria local.

2ª DIVISIÓN FEMININA, GR.1, XORNADA 6

  • Resultado: Bergantiños - Amistade Meiras (6-3)
  • Bergantiños: Lara Sánchez, Sabrina, Seo, Torrado, Ali, Lore, Yaiza, Vimi, Noe, Cruz, e Isa. Tamén: Lara Rabuñal, Claudia, Tati, Carol e Alba.
  • Goles: 1-0, m.21: Isa de cabeza; 2-0, m.43: Isa; 3-0, m.53: Isa; 3-1, m.60; 3-2,m .63; 4-2, m.75: Cruz a pase Alba; 5-2, m.79: Tati de cabeza; 5-3, m.82; 6-3, m.88: Cruz.

Bergan feminino de rosa na loita contra o cancro de mama

Antes do inicio do partido as xogadoras de Bergantiños saltaban ao campo cunha camiseta rosa e coa compañia dalgunhas nenas pequenas xogadoras do equipo promesas, para mostrar o seu apoio á loita contra o cancro de mamá.

Comezaba o partido cun ritmo alto por parte dos dous equipos, no que o Bergantiños trataba de poñer o seu xogo e conseguíao e o seu rival o Amizades de Meirás , mantíñase moi ben organizado e intenso nas disputas, pero no minuto 21 tras un córner botado por “Vimi" remátao á perfección de cabeza Isa, para subir o 1-0 ao marcador. O partido continuo coa mesma dinámica, pero o Bergantiños en botas de Cruz por dúas veces, vimi, Isa, e noe non foi quen de materializar as ocasións das que dispoñía.
E non foi ata o minuto 43 onde de novo Isa tras un bo pase de Noe plantábase soa ante a porteira rival, e definía raso ao carón e subía o 2-0 ao marcador. Na área contraria o Meira facía dano a balón parado, mandando mesmo un balón ao longueiro.

Á volta dos vestuarios, o Bergantiños meteulle unha marcha máis pero Isa, a gran protagonista do partido, non vería porta, e Cruz, tampouco atinaba. No minuto 53 de novo Isa non fallaba nun man a man e subía o terceiro gol do seu equipo e da súa conta particular. Tras este gol, o Bergantiños baixo demasiado a súa intensidade e o Meiras aproveitou para poñer en apertos. Metíase 3-2, facendo reaccionar a tempo as de Gueli, que por medio de Cruz, a pase de Alba que regresaba tras un mes fóra dos terreos de xogo, e que á súa volta volveu deixar mostras da gran xogadora que é. Ese gol sentenciaría o partido.

LIGA F7, GRUPO SANTIAGO, XORNADA 5

  • Resultado: Mazaricos - Praíña (1-1)
  • Mazaricos: María Pedrosa, Graciela, Yasmina, Lucía, Mariña, Tami e Lúa. Tamén xogaron: Inés, Iza, Ali, Jeni, Sheila e Fatima.
  • Goles: 1-0, m.15: Yasmina; 1-1, m.50.

Comezaron moi fortes en defensa as costeiras e facendo dano con transicións rápidas. O gol veu do primeiro corner do partido con xogada ensaiada que remata Yasmina. Chegaron aí dúas boas ocasións por medio de Iza noutro córner e nun man a man de Yasmina, pero a porteira rival fixo dous paradóns.

Na segunda parte comezou o Praíña apretando, con mais control de balón. O gol chega logo de dúas boas paradas de María Pedrosa que tras rexeitar o balon non foi quen de parar o terceiro tiro. Tras isto as amarelas deron un paso adiante e foron a polo partido, tendo unha ultima ocasión Yasmina no último minuto de xogo, onde o balón case entra na portería logo dun barullo na area do Praiña.<(`>

Novas do FutFem

NOVAS DO FSF

Comentarios