Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Futsal: O Villa de Cee rompe a imbatibilidade do poderoso líder

O FSF Villa de cee venceu en Begonte
O FSF Villa de cee venceu en Begonte
Futsal: O Villa de Cee rompe a imbatibilidade do poderoso líder

Visitaba o cadro de Juan Caamaño a pista do líder, que chegaba cun cartel de 7 vitorias en 7 partidos. Pero este FSF Villa de Cee está preparado para todo, e así o demosutro arrebatando os primeiros tres puntos do Municipal de Begonte. Foi tras un partido moi disputado, igualado, intenso e que afortunadamente tivo un final feliz para os Centolos.
O cadro ceense queda agora na 3ª praza, a só 2 puntos do líder, que segue sendo o propio Begonte, e un por debaixo do Rábade.

Pola súa parte, o Mazaricos Futsal tócalles descansar e xa pensan no vindeiro sábado, que xogan contra a Pontenova, 2ª clasificado da 1ª.

PREFERENTE, GR. NORTE, XORNADA 7

  • Resultado: Begonte - FSF Villa de Cee (3-6);
  • FSF Villa de Cee: Pose (p), Perce, Jose, Javi, Juan; Maikel (ps), Mario, Ángel, Félix, Fran.
  • Goles: 1-0; 1-1, Félix; 1-2, Ángel; 2-2; 2-3, Mario (penalti) /// DESCANSO /// 2-4, Ángel; 2-5, Jose; 2-6, Jose; 3-6.

Imaxe do Begonte FS-FSF Villa de Cee

O Begonte saíu apretando en toda a pista dende o inicio e isto fixo que os primeiros minutos lles costase saír co balón xogado aos costeiros e crear perigo. E chegando ao ecuador da primeira metade, cando o partido xa estaba equilibrado, o equipo local adiantouse no marcador cun disparo dende fóra da área tras un despiste defensivo noso.
Poucos minutos máis tarde e tras unha boa xogada entre Ángel e Félix, éste último prantouse diante do porteiro rival e finalizou moi ben facendo o 1-1. E faltando 3 minutos para o descanso Ángel facía o 1-2 cunha bonita vaselina.
Pouco durou a alegría xa que un minuto máis tarde e con un gran disparo dende o lado dereito o Begonte facía o empate. E a cousa puido ser peor porque uns segundo máis tarde este mesmo xogador despediciou un doble penalti.
A falta de 10 segundos para o descanso, Ángel roubou un balón en media pista, plantouse diante do meta rival e tras regatealo foi derribado. O correspondiente penalti foi transformado por Mario no 2-3.

Na segunda metade o equipo local saíu decidio a darlle a volta ao marcador, con moita intensidade e presionando a toda pista. Nos primeiros 10 minutos da segunda metade os ceenses tiveron moito traballo en defensa e moitas dificultades para sacar contragolpes con perigo. Pero cando faltaban uns 8 minutos e tras unha boa contra, novamente Ángel marcou poñendo o 2-4.

Automáticamente eles sacaron porteiro-xogador pero con pouco éxito. Movían ben o balón e creaban certo perigo pero tras 2 bos roubos de balón, Jose anotou 2 goles dende campo propio poñendo un 2-6 no marcador que xa nos daba moita ventaxa. A falta de 2 minutos cun gran disparo lateral marcáronnos o definitivo 3-6 pero xa non tiveron tempo para acercarse máis.

”Conseguimos unha importante e sufrida vitoria na cancha do líder, equipo que levaba ata o momento 7 triunfos en outros tantos partidos e que demostrou ser un gran bloque. Na miña opinión o Begonte é o mellor equipo dos que enfrontamos no que vai de tempada”, explica orgulloso o míster Juan Caamaño.

NOVAS DO FUTSAL

NOVAS DO FSF

Comentarios