Sábado. 20.04.2024
El tiempo
José Luis Louzán
20:07
01/10/10

Fuxir da poliarquía

Fuxir da poliarquía

Escoitaba a un paisano este día na radio. Falaba do lamentable da postura do PP en Madrid, agardando como os corvos a “morte do animal” sen ofrecer nada a cambio, sen dar unha soa alternativa, simplemente un quitate ti para poñerme eu. E ata aquí de acordo. Pero o ointe redondeaba a xogada dicindo que “é algo parecido o que fan os que negan que a democracia sexa un grande sistema de goberno sin ofrecer nada a cambio”. E claro, por aquí, pois xa non.

Son eu do tipo de individuo que considera que si algo non gusta o que hai que facer e, de xeito razoable a poder, cambialo. Non me serven, e verdade, aqueles que coma certa caste de ecoloxista afirman que a fábrica, a de Ferroatlantica debería estar pechada polo que contamina, pero non me din de onde sacaríamos entón os mais de 700.000 euros o mes que xenera en soldos. Pero claro, é que o da democracia é, directamente, unha tontería. Me explico…

O sistema democrático, tal é coma os gregos o deseñaron naquel mundo, nunca foi aplicado salvo por eles mesmos. Tratabase dun proceso que incumbía so os cidadans, nin esclavos nin estranxeiros, decidido para unha elite minoritaria e baseado na obriga de acceder o poder si un resultaba elixido, ainda que non se postulase voluntariamente para o cargo. O mais similar, salvando as distancias, pode ser hoxe en día o presidente da comunidade de veciños. Por lei, o do 5º, ainda que non queira, si todos queren ten que ser presidente. E non me parece mal, oe, que cada quen se faga responsable, non so se trata de queixarse, pero como sistema para unha vila pequena, non digo mais, de 5000 habitantes me parece algo inviable. Pensemos.

A democracia non é o problema. O problema, como sempre son as interpretacións. Por exemplo ¿quen dixo que o único modo de obter unha representación significativa ten que basearse nos partidos políticos?, ¿para que?, ¿con que fin?. Certo é que oubo un tempo no que as ideas debían recibir forma e ser soportadas por organizacións que acaudillasen as vontades de aqueles que, noutro caso, non gozaban nin dos medios nin da capacidade para facelo individualmente. E así, organizacións sindicais e partidos coma, por exemplo, o socialista, tiñan todo o sentido e razón de ser da que, para min, actualmente carecen. Do PP non falo porque, no seu caso, a sua base ideolóxica é unha pura negación da existencia de partidos políticos. A simple lectura de Adam Smith, Thomas Jefferson ou Thomas Pain, os do liberalismo unipersoal, a autentica liberdade do individuo por enriba de todo salvo da comunidade, dunha composta de individuos libres. O xeito de existir e medrar dende a propia persoa, o capitalismo como o sistema que mais potencia as capacidades de cada un de xeito separado, ¿onde di ali que unha organización política, fortemente infiltrada por elementos da igrexa católica e de carácter pseudo- fascista teña cabida nesa liña de pensamento?

Dito esto, queda claro cal é o problema. Non se trata da democracia, non, tratase de buscar outra democracia. Unha certa e real, baseada en persoas libres, libres persoal e ideoloxicamente, cada unha con bases e fontes propias, de aquí ou dacola, de Marx ou de Friedman pero propias, nacidas do pensamento individual e da propia capacidade de interpretación. En definitiva, listas abertas.

Non da para mais o espacio pero prometo que algún día explicarei como se vai mais aló e de que xeito se organiza algo así, atendendo a representatividade territorial incluso.

Non se trata de acabar coa democracia. Tratase de facer unha que sirva de algo. Fuxir da poliarquía.

  • José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.com).

Comentarios