Venres. 19.04.2024
El tiempo

O GALP explica como presentarse ás súas axudas

Xornadas de Divulgacion do GAC Costa da Morte
O GALP explica como presentarse ás súas axudas

O 1 de marzo de 2020 finaliza o prazo de presentación de solicitudes de axuda do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, que xestiona o GALP Costa da Morte. Este apoio é moi importante xa que supón un notable impulso económico para o sector
pesqueiro; máis de 4 millóns de euros de axudas directas. 
Axudas abertas a calquera persoa que queira promover un proxecto vinculado co sector, a confrarías da zona costeira e tamén a entidades ou asociacións profesionais.

Por iso é importante que a veciñanza e os emprendedores coñezan procedementos e prazos. Con este motivo, vanse a celebrar no Museo do Mar de Laxe unhas xornadas de animación este vindeiro martes, día 17 de decembro ás 17:30 horas. Estas xornadas pretenden animar ao sector para que presente proxectos, para o cal se vai a contar co testimonio de dúas experiencias de proxectos financiados por GALP doutras zonas costeiras.

Falamos de Algas La Patrona, que se dedica ao procesado, transformación e comercialización de algas salgadas e deshidratadas e tamén, de Pulponor, S.Coop. Galega, cooperativa de distribución e comercialización de polbo de lonxas galegas, baixo a marca polbodelonxa. Estas entidades manteñen unha colaboración moi directa coas confrarías na obtención dos recursos dos produtos que comercializan.
 

Comentarios