Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Gala do Fútbol da Costa-QPC volverá a Malpica en 2021

Balons de barro de Buño nunha Gala do Futbol da Costa QPC
Balóns de barro de Buño nunha das Gala∫ do Fútbol da Costa-QPC
A Gala do Fútbol da Costa-QPC volverá a Malpica en 2021

Era visto. Pero xa podemos anunciar oficialmente que a Gala do Fútbol da Costa - QPC desta tempada 2019/2020 non se vai celebrar. A VII edición terá que agardar por motivos obvios, porque non sabemos se vai poder celebrar un acto multitudinario como este, e porque facer unha entrega de premios sen ter rematado a atemporada non ten sentido.

En todo caso, verémonos en 2021 en Malpica, pois a disposición do Concello ao completo foi excelente. Queremos agradecer a boa vontade do alcalde Walter Pardo, así como dos edís Alfredo Cañizo, Leticia Varela e Daniel García Reigía, xa que todos quixeron apostar por este evento ao concello oleiro.

Agradecemos tamén a disposición da Asociación de Olería de Buño, pois precisamente os xa míticos balóns de barro que usamos como premios, teñen denominación de orixe.

Repaso das Galas

Comentarios