Venres. 29.03.2024
El tiempo

Galicia, Escocia e Xapón protagonizan unha Festa da Carballeira de Zas máis folk ca nunca

Galicia, Escocia e Xapón protagonizan unha Festa da Carballeira de Zas máis folk ca nunca
Cartel-Festa-Carballeira-Zas-2018 Xa temos data para a gran festa do folk da Costa da Morte. E este ano ademais a cousa vén máis “folki” ca nunca. A Festa da Carballeira de Zas cumple nada menos que 35 anos, e faino cun cartel espectacular para encher de música a carballeira de Velar os días 3 e 4 de agosto. Os galegos Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre e os escoceses Mànran, son os cabezas dun cartel que terán o seu punto exótico na visita dos nipóns Harmonica Creams. A estes hai que engadirlles os galegos Astarot para a cita sabatina. Unha noite antes, a do venres, os galegos Pelepau romperán o xeo, a continuación actuará a irlandesa Niamh Ní Charra, a forza galega SÉS e o peche do primeiro día será a cargo de The Fatty Farmers. Ademais das noites, a tarde do sábado na Carballeira de Zas está pensada para o desfrute de maiores e pequenos, contando con unha zona de gastronomía, espazo lúdico infantil, feira de artesanía e diferentes actuacións a partir da sesión vermú das 14h. Presentacion da Carballeira 2018 de Zas na Estrella Galicia Presentacion da Carballeira 2018 de Zas na Estrella Galicia Esta especial edición foi presentada hoxe oficialmente nas instalacións da Estrella Galicia, na Coruña, da man da Vicepresidenta e Responsable da área de Cultura da Deputación de A Coruña, Goretti Sanmartín, o alcalde de Zas, Manuel Muíño, o Director do Festival, Fidel Otero e o responsable de patrocinios musicais de Estrella Galicia Víctor Mantiñán. Sanmartín resaltou “a importancia deste festival de referencia con gran presenza de música galega que se funde co entorno natural”, así como “a superación e esforzo por ter un cartel mellor cada ano”.

Entradas

As entradas para o festival poderanse mercar dende hoxe mesmo na páxina www.festadacarballeira.com e a través de Ticketea, tendo un prezo de saída de 10€, o bono para os dous días, tarifa que se manterá durante o mes de xuño. En xullo pasará a costar 12€. A venda en taquilla será de 15€, bono de dous días. Como en pasadas edicións os asistentes poderán contar con zona de acampada gratuíta (situada a poucos metros do recinto musical), baños e duchas.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-festa-da-carballeira-vence-ao-orballo-e-ao-vento-coa-sua-musica-de-raiz/

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios