Imprimir

Galicia séntase a falar do suicidio

que pasa na costa | 10 de outubro de 2019

O Día Mundial da Saúde Mental ten como ten principal o suicidio, unha realidade silenciada

Hoxe, 10 de outubro, é o Día Mundial da Saúde Mental. Este ano, está dedicado a un dos problemas máis importantes da nosa sociedade, que fica silenciado por un estrano silencio corporativo. A propia Organización Mundial da Saúde (OMS), identifica o suicidio e os seus intentos como un dos problemas máis graves de saúde pública.
Por iso, despois de anos nos que os medios de comunicación obviamos estes asuntos nun intento de non fomentar o "efecto chamada", son as asociacións as nos piden que comecemos a romper cos tabús, e comecemos a tratar a problemática como merece, cun trato prioritario. Sempre coa intención de escapar do morbo, ofrecendo información das posibles vías de saída do túnel, ao tempo que concienciamos á sociedade e esiximos que os gobernos prioricen o suicidio como problema de saúde pública e que desenvolvan estratexias integrais multisectoriais de prevención.

Así o reflicten os datos: En Galicia morren unhas 300 persoas ao ano por esta causa (case un ao día, cunha taxa de 11,95 suicidios por cada 100.000 habitantes). Pero é que no mundo suicídase unha persoa cada 40 segundos, e en España é a principal causa externa de mortalidade con arredor de 10 suicidios diarios.

Datos de suicidios en Galicia 2012-2017

Na Costa da Morte non somos alleos a esta realidade. De feito, a familia de APEM Cee vai desenvolver este mesmo xoves varias accións no marco do programa [email protected] coa VIDA que desenvolve en toda Galicia a federación Saúde Mental FEAFES Galicia.

”É preciso traballar a prevención, a detección, o diagnóstico e o tratamento necesario. É preciso facer un chamamento para visibilizar a problemática do suicidio, un problema sanitario e social de gran relevencia en Galicia”, explica unha das responsables da familia ceense Zaira Rodríguez.

APEM levará unha mesa informativa ao HVdX e tamén fará unha concentración na praza 8 de marzo ás 12:00h, onde lerá un manifesto. Preparan ademais un posto informativo para o 24 de outubro en Vimianzo, e a V Comida Solidaria do día 26 en Cerqueda.

Conecta coa Vida-Sentemonos a falar do suicidio

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/costa-da-morte/galicia-sentase-falar-do-suicidio/20191010102545113853.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA