Xoves. 18.04.2024
El tiempo

“Galicia The Celtic Motherland Project”, un proxecto con alma celta

Marcos Redondo escadando o Monte Pindo para o proxecto Galicia The Celtic Motherland Project
Marcos Redondo escadando o Monte Pindo para o proxecto Galicia The Celtic Motherland Project-Foto- Juan Louro
“Galicia The Celtic Motherland Project”, un proxecto con alma celta

“Galicia The Celtic Motherland Project” é o título do novo proxecto de Marcos Redondo, un trotamundos que leva anos maquinando como pode explicarlle ás xentes de todo o planeta como é a conexión dun galego casa súa terra.

Redondo e o seu equipo de gravación, o galardoado internacionalmente @Alextimelapse e @Fpvflyer, percorren os lugares máis simbólicos do país para crear unha serie de promos, en formato “shortfilm” (3 minutos de potente audiovisual) coas que poder precisamente explicar ao mundo “esa Galicia da conexión ca natureza, ese país dos mil países, esa Galicia dos sitios sagrados, dos milleiros castros e de xacementos megalíticos… non esa Galicia que se vende turísticamente que nada ten que ver co forte sentemento que xenera a nosa Galicia Celta”, como el mesmo nos explica.

Equipo de gravacion de Galicia The Celtic Motherland Project
Compañeiros do equipo de gravación de Galicia The Celtic Motherland Project-Foto-Juan Louro

A idea está clara, "elevar o listón de Galicia, e convertila en referente de culto, como outras zonas como Escocia, Gales… que venden o simbolismos celta dos nosos ancestros como máis mestría a pesar de ter un patrimonio moito menos completo".

Así, percorre as zonas célticas máis potentes do país para crear esa historia que recreará a viaxe iniciática dun fillo de emigrantes que volve á súa terra, e queda absolutamente conectado coa súa enerxía. O propio Marcos, que ademais ten un físico imponente, será o protagonista desta viaxe que o fai “reencontrarse co lobo, coa curuxa, co mar, co vento… con esa Galicia salvaxe e indómita”.

Nesa Galicia salvaxe, máxica, non podía faltar o Olimpo Celta, un deses lugares ancentrais que tecen a relación entre a cultura celta e castrexa. Coa axuda da Asociación Monte Pindo Parque Natural, na figura de Juan Louro, Redondo subiu co equipo de gravación, con cámaras de drones, ata a Moa. “Para min a subida a Moa foi como sentir esta parte ancestral miña que tiña aí. Eu soñaba con ese monte, sentín unha chamada del, un monte de moles graníticas chea de alquimia, coa fervenza caendo ao mar, a praia, as murallas…”

O propio Louro recoñece que “as tomas van ser fantásticas, impactantes”. E esta imaxe, na que encadrou aos protagonistas cunha poza na algunha sinvergonza pintou o nome “Alma”, simboliza moi ben o que sentíu Louro con eles. “Esa é a impresión que me deron, que lle poñen alma na historia”, cóntanos.

The Galicia The Celtic Motherland Project un proxecto con ALMA-Foto-Juan Louro
Foto de Juan Louro

Queda unha última toma man a man co lobo para rematar a gravación, para que saia esta primeira peza, que espera ser a primeira dunha serie de shortfilms que xa poida ter un patrocinador.

Só falta unha cousa, a música, polo que Redondo invita ás xentes da zona, a calquera compositor novo que se queira deixar ver e participar neste singular proxecto, en animarse e poñer unha banda sonora para as pezas.

Novas relacionadas

Patrimonio Pindexo

Comentarios