Venres. 29.03.2024
El tiempo

Os GALP espallan o mundo do mar cunha exposición e un programa educativo

Clausura do programa Mar Galaica ensina en Muros
Clausura do programa Mar Galaica ensina en Muros
Os GALP espallan o mundo do mar cunha exposición e un programa educativo

Días de actividade dos GALP que separan a Costa da Morte.

Mar Galaica ensina

O proxecto Mar Galaica Ensina, desenvolto polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Seo de Fisterra ría de Muros-Noia Costa Sostible, celebrou a súa clausura esta semana.

Un proxecto que incluíu actividades didácticas dirixidas aos escolares e orientadas ao coñecemento da cultura e oficios relacionados co mar, entre outros aspectos na difusión da cultura mariñeira entre os máis novos. Obradoiros, rutas, exposicións e actividades didácticas dirixidas á educación infantil e secundaria e unha guía de actividades didácticas orientadas ao coñecemento da cultura e oficios relacionados co mar e ás boas prácticas medioambientais e de consumo, entre outros aspectos.

Exposición en Muros

Inauguracion da exposicion de REMA enMuros

A Fábrica de Sel de Muros acolleu esta mañá a inauguración de "O océano que nos une", a nova exposición itinerante da Rede de Espazos Museísticos Atlánticos (REMA) impulsada polos oito Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro de Galicia (GALP). A mostra estará aberta ao público ata o vindeiro 30 de xuño, de martes a sábado de 16:30 a 19:30 horas.

O Arquivo da Pesca de Caión, e Ecomuseo Forno do Forte, o Museo do Mar de Laxe, o Museo Man de Camelle, o Museo da Pesca de Fisterra, a Fábrica de Sel, o Pozo do Cachón, o Museo Marea Porto do Son, o Acuario do Grove, a Casa da Navegación de Baiona e o Centro de Interpretación de Caldoval son os espazos protagonistas desta exposición itinerante que percorrerá Galicia durante os próximos meses.

A través de dez paneis informativos, "O océano que nos une" amosa os elementos máis significativos destes espazos conectados ao mar mediante diferentes temáticas, como a pesca, a historia, a etnografía ou o medio ambiente.

 

Comentarios