Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Garda Civil detén un veciño de Santa Comba como presunto autor de 25 roubos en vehículos en Baio

A Garda Civil detén un veciño de Santa Comba como presunto autor de 25 roubos en vehículos en Baio

Semanas de ampla actividade policial na bisbarra. Pouco despois da detención dos dous autores do roubo no banco na Ponte do Porto e dos presuntos autores de 21 roubos en vehículos no Ézaro, a Garda Civil do posto de Vimianzo informa da detención do posible autor, un veciño de Santa Comba, de ata 25 roubos en interior de vehículos, a maioría producidos en Baio.

Os sucesos aconteceron a finais do ano pasado, dende o mes de xullo, pero sendo os meses de novembro e decembro os que máis actividade houbo. O presunto autor aparcaba o seu coche xunto ao escollido, e aproveitaba que o seu propio coche impedía observar movementos para romper unha ventaniñña e sustraer o que había dentro.

A s investigacións e varios operativos permitiron localizar o vehículo co que se realizaban os roubos, o que permitiu identificar ao presunto autor. As probas periciais e testificais, así como a inestimable axuda caidaá, levaron á identificación do suposto autor. As dilixencias son remitidas ao Xulgado de Instrución de Corcubión.

Novas relacionadas

Comentarios