Xoves. 28.03.2024
El tiempo

GDR

O GDR invita ao sector forestal, cunhas xornadas informativas, a embarcarse no Aproveitamento Resinero

Xornada FOrestal GDR Costa da Morte
Xornada FOrestal GDR Costa da Morte
O GDR invita ao sector forestal, cunhas xornadas informativas, a embarcarse no Aproveitamento Resinero

A Asociación Costa da Morte – GDR organza este venres 15 de marzo, unha xornada forestal no seu territorio sobre “O aproveitamento Resineiro como actividade para manter e valorizar o sector forestal galego”. A cita, que se celebrará no Centro Socio Cultural de Baio (Zas), comezará as 10:00h, parará de 14:00 a 16:00h para comer, e continuará ata as 20:00h.

Inclúe ponencias, demostración práctica e mesa redonda, que incidirán sobre as posibilidades do aproveitamento resineiro, unah práctica que axuda ao incremento da produtividade das masas forestais, na prevención dos incendios forestais e na creación de postos de traballo fixando poboación ao rural.

Pretende así o grupo ilusionar e motivar o desenvolvemento de actividades no territorio, dando a coñecer a actividade resineira como un complemento ao aproveitamento da madeira de pino. Unha actividade rendible que a súa vez axuda a manter o monte cuidado, xenera emprego e mellora a prevención de incendios.

Haberá 7 poñentes de excepción, comezando por Manuel Francisco Marey, da USC que falará da necesidade de novas alternativas para o sector forestal galego. Tamén estarán Juan Carlos Álvarez Cabrero, da Asociación Nacional del sector Resinero; Érika Martínez, de Foresín; Xián Santos, de AREGA16; Francisco José Domínguez Cerviño, de AREGA16.; Raúl Vilela Darriba de Alternativas Forestais; e Gregorio Luis Cazurro; de Sociedade de Resinas Naturales.

A entrada será libre e prégase a confirmación da asistencia no 981 71 73 58 ou en [email protected].

Novas relacionadas

Comentarios