Venres. 19.04.2024
El tiempo

O goberno carballés presenta unha proposta de orzamento de 26 millóns de euros

orzamentos 2021
O goberno carballés presenta unha proposta de orzamento de 26 millóns de euros

O vindeiro luns 22, o pleno de Carballo levará a aprobación os Orzamentos de 2021. O grupo de goberno presentaba este venres, e enviaba á oposición, a súa proposta, cun orzamento de 26.159.231,03 euros, 186.828,66 máis que o ano pasado. Unhas cifras que consideran Belén Lendoiro e Evencio Ferrero como “realistas, sociais e adaptadas á situación de pandemia”, destacando as “partidas de apoio ás familias e aos sectores económicos máis castigados pola crise da COVID-19, “sen diminuír a prestación de servizos”.

Lembrou Ferrero que a pandemia abriu a veda da utilización do remanente, como xa fixo o concello o ano pasado co investimento de 3,5 millóns de euros en obras que se van executar este ano. Deixaron á porta aberta, se non caen máis axudas directas doutras administracións, a utilizar ese remanente para axudar á hostalería.

Afirman que rebaixan a taxa do lixo comercial para varios sectores, e que volven suprimir a de terrazas.

En clave sanitaria, recoñecen que a partida que máis se resinte é a de investimentos (medio millón menos), e que aumentan os gastos en “bens correntes e servizos para procurar, asegurar e garantir unhas condicións de prevención, hixiene e promoción da saúde fronte ao COVID-19 en espazos de convivencia e con responsabilidade municipal, nomeadamente nos centros escolares”, nos que o gasto en limpeza aumenta máis dun 200%”.

Orzamentos Carballo 2021 1Orzamentos Carballo 2021 2

Comentarios