Venres. 19.04.2024
El tiempo

Goberno e oposición valoran a problemática do Servizo de Axuda no Fogar de Vimianzo

servizo de axuda no fogar
Goberno e oposición valoran a problemática do Servizo de Axuda no Fogar de Vimianzo

Polémica esta fin de semana arredor do Servizo de Axuda no Fogar no Concello de Vimianzo. Un servizo sempre complicado, que debería ser xestionado pola Xunta ou o Estado, pero que acaba supoñendo un investimento municipal altísimo para os nosos concellos. Desta volta, o proble xorde unha vez que a empresa adxudicataria vén de anunciar que vai deixar de prestar o Servizo ao remate deste mes de outubro.

O Servizo a día de hoxe antende unhas 100 persoas, tralo contrato asinado en 2018 coa empresa Idade de Ouro, Servizos Sociosanitarios S.L. Neste, con 25 persoas traballando.

O grupo de Adiante Vimianzo causa da situación á “incapacidade de xestión do goberno municipal, que non foi quen de xestionar un problema que leva 6 meses enriba da mesa, do cal non informou en ningún momento ao resto da corporación”. O grupo asegura que deu un impulso dende 2015 ao servizo, multiplicando por 4 as horas de servizo (de 6.700 a 27.000 horas anuais). Pero denuncia que este ano volveu baixar ata as 18.500.
Para o grupo da oposición o goberno debería ter solucionado o asunto nestes 6 meses” e non ficar esperando polas ”dificultades económicas da empresa”.

O goberno municipal quixo clarexar a situación, enviando unha ”mensaxe de tranquilidade en tanto en canto ás garantías laborais do persoal contratado pola empresa adxudicataria deste servizo, así como a tranquilidade a todas as persoas usuarias e familias, que non van deixar de ser atendidas en ningún momento”. O PSOE vimiancés asegura que “non se lle debe nin nha hora á empresa” e que “o Concello de Vimianzo ten plena capacidade de, en 24 ou 48 horas, cubrir unha alta nova no servizo”.

O Concello explica que a decisión da empresa débese a que esta “ofertou un prezo de case o 10% por debaixo do prezo de licitación”. “A falta de previsión do aumento de horas ou da demanda do servizo cos anos, coñecendo que somos un concello rural cunha alta porcentaxe de xente envellecida, é máis que notoria”.

Dende o Concello valoran que “non hai ninguén en lista de espera nestes momentos”, e confirman que esixirán que a empresa cumpla o contrato.

Novas relacionadas

Comentarios