Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Fantástica resposta dos Concellos da Costa da Morte á chamada do Hospital de Cee

Fantástica resposta dos Concellos da Costa da Morte á chamada do Hospital de Cee

”A verdade é que choramos da emoción. Os Concellos volcáronse moitísimo”. Así explica unha das enfermeiras do Hospital Virxe da Xunqueira a sensación de todos os traballadores trala mostra de solidariedade dende varios Concellos e empresas da comarca ante a petición de material esterilizado.

Concellos como os de Fisterra, Carnota, Corcubión, Cee, Dumbría, Muxía, Camariñas, Vimianzo, Laxe... mobilizaron os seus efectivos (nomeadamente Protección Civil e Policía Local), para recuperar material do Prestige dos galpóns (batas/fundas/monos desbotables, “mascarillas”, luvas, pantallas de seguridade…) así como ir recollendo por empresas (ferreterías, bazares, tendas, confrarías…) e particulares calquera material que se poda usar no centro.

Os profesionais queren agradecer así a rápida resposta pois estaban quedando sen material sanitario, e valoran que ata haia algunha empresa da comarca que está facendo pedidos a fora de España para pedir material.

Tan grande foi a chegada de material que hoxe toca facer un traballo complicado de inventariado e clasificación.

Carnota e Muxía, bos exemplos

Proteccion Civil de Carnota levando material ao HVdX

Carnota entregou xa o mesmo venres unha marea de material. Muxía fixo o propio na mañá do sábado, facendo entrega de 1000 traxes e 250 gafas ao centro hospitalario. Preparan xa unha 2 entrega co material dorado dos veciños e empresas.

Material doado por Muxia ao Hospital de Cee copia
Material muxián

Novas novas do Coronavirus

Comentarios