Imprimir

Gran fin de semana para a familia do AD Olimpia

que pasa na costa | 22 de xaneiro de 2020

Familia do Olimpia en Noia
Familia do Olimpia en Noia

O pasado venres 17 de xaneiro tivo lugar en Noia a fase intercomarcal de Cross do programa Xogade da Xunta de Galicia e ata alí se desprazaron uns corenta atletas da A.D. Olimpia de Cee, obtendo tres pódiums por equipos:

  • Equipo Infantil feminino: 3º posto.
  • Equipo cadete feminino: 3º posto.
  • Equipo cadete masculino: 2º posto.

Ademais, de xeito individual, tres atletas da asociación clasificáronse para a fase provincial ao quedar entre os 8 primeiros/as da súa categoría. A fase provincial terá lugar na Pobra do Caramiñal o vindeiro sábado 1 de febreiro.

E para rematar a pasada fin de semana, Carlos Valiña Lista, atleta de Camariñas pero representando a A.D. Olimpia de Cee, obtivo a medalla de bronce no Campionato Galego de pista cuberta, celebrado en Ourense na distancia de 3000 metros lisos e na categoría Sub23 con un tempo de 9:12:55.

Carlos Valiña Lista a dereita do Olimpia
Carlos Valiña á dereita

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/outros-deportes/gran-fin-semana-familia-do-ad-olimpia/20200122121907116727.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia